Amigas e amigos.
Saúdos agarimosos.
Vivo no corazón e na memoria.
Os sucesos do 1972 e anos seguintes en Ferrol e Galiza.
Fun testemuña directa dos feitos e dos distintos procesos.
Quero ofrecerche, a tí directamente, un agasallo histórico:
Penso que é un bo contributo á historia e á memoria da historia.
Coñecermos tamén a Homilía de Monseñor Araújo, publicada en Encrucillada dez anos despois.
É un documento que estivo prohibido durante o franquismo. E mesmo na transición.
Velaquí o Texto en Galego e castelán.
É propiedade de todos, porque para todos foi escrita.
E pronunciada na maioría das parroquias de Ferrolterra.
Vaia en lembranza e honra de Amador e Daniel e familias. E de toda a clase obreira galega, das mulleres e homes, nenos e vellos.
Tamén do mundo rural e mariñeiro.
Que se desviviron en solidariedade.
Vaia tamén en desagravio aos ataques de todo tipo que sufriu D. Miguel-Anxo, un bispo bo, xusto e responsábel.
E con todo afecto e admiración para todo o pobo e todos os presos/as e familias daquelas datas.
Aínda hai moita memoria sen recoller. Se tés oportunidade de recibir algo novo, non a desperdicies, faina chegar a algún medio que a publique.
Unha aperta
Xaquín Campo Freire
