Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Cómpre bo trato

jueves, 10 de marzo de 2022
¿A quen non lle gusta que o traten ben?
A todos nos gusta que nos traten ben.
Tratar ben ten o seu máis ou menos.
Tratarse ben a un mesmo xa sería todo un éxito para poder tratar ós demais.
Levamos un ritmo de vida moi acelerado que non nos permite dedicar tanto tempo á cociña como sería necesario.
Tampouco temos tempo libre nin os medios necesarios para facer tanto exercicio como sería recomendable.
Pero, aínda así, hai persoas que se coidan moito.

CÓMPRE TRATARSE BEN A NIVEL FÍSICO, MENTAL E ESPIRITUAL.

O alimento físico é o sotén da vida.
Facelo equilibradamente, xa non é tan doado; pero hai que inentalo.

Alimenta-la vida intelectual é unha necesidade para enriquecernos mentalmente sabendo ler o que cada tempo nos depara.

E a vida espiritual, penso eu, que está por encima de todo, porque o corazón das persoas é o máis importante.
Dado que dos nosos corazóns saen os pensamentos que nos levan a actuar.

- Se coidamos a nosa alma, se coidamos o noso corazón, del sairán: bondade, honradez, paciencia, humildade, xenerosidade, castidade, lealdade, fidelidade, amabilidade, templanza, moderación, caridade, dilixencia...
En fin: tódalas virtudes...

- Se maltratamos o noso ser interno, del sairán: pensamentos perversos, fornicación, soberbia, frivolidades, difamacións, envexas, fraudes, homicidios, roubos, adulterios, tódolos vicios...

As diferencias son notorias.

Neste mundo hai de todo, pero temos liberdade para elixir.

As boas persoas elixen ter bo corazón, son as que mellor se tratan a elas mesmas e tamén as que mellor tratan ós demais.

Por eso sentimos unha profunda admiración polas persoas:

- BONDADOSAS porque do seu corazón sae bondade.
Aínda que teñan fallos son doados de perdoar.

- HONRADAS, nas que se pode confiar plenamente.

- QUE MANTEÑEN A PACIENCIA Á LIÑA: son capaces de soportar non só os defectos das outras, senón os avatares de todo tipo que a vida lles poida presentar.

- HUMILDES que ven todo coa máxima sencillez e senta moi ben a súa compañía porque teñen moita empatía.

- XENEROSAS que son moi desprendidadas, non teñen apegos materiais. Son unha bendición.

- CASTAS porque son fieis ó seu estado, sexa este cal sexa.

- FIEIS E LEAIS que son como un seguro de vida permanente.

- AMABLES porque teñen moitas portas abertas, conservan a tempanza e non perden a paciencia ante os contratempos da vida.

- CARITATIVAS porque son o motor do mundo, son admirables porque saben compartir, son sensibles e dilixentes ante os problemas alleos.

Hai moitas persoas con estas caracteriticas aínda que salten máis á vista otras de características ben diferentes.

Se conseguíramos educacarnos un pouco mellor cada día nestas virtudes tan importantes, CONTRIBUIRÍAMOS DE MANEIRA NOTORIA A MELLORAR A ÉTICA DO MUNDO no que vivimos e deixaríamos un legado mellor para os que veñen detrás.

En definitiva: trataríamonos moito mellor e seríamos moito máis felices.

Pero é un proceso é lento;
Aínda así, ninguén pon en dúbida que hoxe en día vivimos moito mellor que os nosos ancestros porque a evolución forma parte da nosa especie.

Vivimos mellor economicamente, aínda que haxa quen o pase mal.

- As criaturas teñen máis cousas pero non son máis felices nin mellores persoas.

- Os doentes teñen mellores médicos pero pero non máis coidados afectivos da propia familia.

- A ancianidade ten mellores pensións, pero menos dedicación dos seus por este ritmo vertixinoso de vida que levamos.

Vivimos tempos diferentes.

"TEMPOS BEN DIFERENTES"

Este será o título do seguinte artigo.

Moitas grazas por terme na súa consideración nesta ocasión.
Cachaza Platas, Mercedes
Cachaza Platas, Mercedes


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES