Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Erguéstesvos cedo aquel día

miércoles, 09 de marzo de 2022
Hai 50 anos que mataban a tiros a dous obreiros de Bazán: Amador Rey e Daniel Niebla. Estaban facendo uso da liberdade pero en tempos nocturnos de pedra este é un crime que o sistema non pode perdoar. Ten que afogar a ferro e lume a voz de quen simplemente quere construír un mundo mellor. Despois deles, viñeron outros aos que tamén intentaron masacrar con autoridade de ferro.

Amador e Daniel convertéronse nun orgullo de clase, nunha bandeira de dignidade que nos recorda que democracia, política social e economía son unha trindade que nunca deberíamos desfacer. En troques moi a miúdo esquecémolo e convertemos á terceira nun cabalo de Atila que arrasa coas outras dúas e vai pola historia deixando ermos os campos do dereito...

Amador e Daniel perderon amenceres que eran deles máis que de ninguén. A eles e a outros debémoslle desfrutar do que temos e tamén conservalo para as vindeiras xeracións. Moitas veces damos por feito o que temos sen ter en conta que a historia, a miúdo, fai bucles sanguentos. Cómpre saber de onde vimos para ser conscientes a onde non queremos volver.

Amador e Daniel merecían estar aquí. En certo modo están porque, como deixou dito Uxío Novoneyra fixéronnos coa súa morte. Cómpre que sexan moito máis que un monumento. Cómpre que canten con nós, que falen con nós, que pensen con nós para que a historia sexa evolutiva e fuxa do bucle terrible do autoritarismo.
Santalla, Iago
Santalla, Iago


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES