Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de Orballo

martes, 08 de marzo de 2022
Contradicións

Quere chover, pero non chove. Quero asubiar, pero canto. Se canto non podo asubiar. Non quero pensar, pero penso. O mundo está cheo de contradicións. A vida tamén. Ninguén quere guerras, pero hai batallas. Todos somos moi bos cara á galería, pero cando non nos dá o sol rebentamos e deixamos escapar o demo que levamos Pingas de Orballo dentro. Quero ver como pasa un coche, pero non circula nin unha alma. Quero sentir o universo de Amaral sobre min e o único que noto é como me pican os toxos. Do dito ó feito vai un treito. Digo que quero ver a lúa en cuarto minguante e nin tan sequera sei para onde mirar; está moi nubrado. Quere chover, pero non chove.
Por moito que me miro ante un espello, non me vexo. Son a esencia dun baleiro e a esperanza dun imposible. Cando quero filosofar, fágoo; aínda que sexa a base de contradicións. Falo dos espíritos puros cando a carraxe viaxa en ascensores de cor violeta. Ou de cando o silencio non deixa penetrar ningún ruído. Todos lles temos medo ás bombas nucleares, pero andan a aflorar nas mentes duns miserables. O lobo, para falar, oulea. O can, para berrar, ladra. O home, para dicir, cala. Tan só berramos ou ladramos ou ouleamos cando non nos escoitan. Quere chover, pero non chove.
Son o espírito da contradición. Digo branco e visto de negro. Digo amor e sinto a labazada. Digo poesía e son un poema sen versos. Digo gol e non xogo ó fútbol. Digo ilusión e sei que acabo de dicir unha carallada. Digo paz e as tropas rusas avanzan. Digo que chova, pero non chove. Non chove.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES