Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de Orballo

viernes, 04 de marzo de 2022
A RAE, Cruzada de brazos

Resulta que agora, para as oposicións a policía nacional, non fai falta escribir ben. Admítense todos os erros ortográficos que se cometan. Isto, para min, sinceramente, é moi grave. E a Real Academia Española debería tomar cartas no asunto. Creo que ten potestade para facelo. E se non ten, que lla dean. Non se pode Pingas de Orballo permitir tal esperpento lingüístico! Eramos poucos e pariu a avoa. Non nos chega xa cos anglicismos e coa linguaxe, chamémoslle dixital, esa que se espalla, que se esparexe polas redes sociais, como para que agora se una tamén a linguaxe escrita, pero a normal. Entre unhas e outras medidas e usos están liquidando a lingua española (a galega xa hai moito que a están crucificando).
Postos a imaxinarnos, que pasará agora se un recibe unha comunicación policial chea de erros gramaticais? Temos dereito a rexeitala, non si? Por incomprensible. Porque se escribimos mal sabendo, que pasará non sabendo e usando mal as normas básicas da linguaxe? Sabendo seguimos cometendo erros coa "v" e a "b", por exemplo, cos acentos e xa non digo nada coas comas. Pois agora, ale, a ler unha comunicación ou denuncia ou multa que nos manden á casa; a min a Barbadas en vez de a Barbadás. Por suposto que devolverei tal carta!
Xa hoxe temos unha gran pobreza ortográfica, principalmente nas redes sociais, como para non pensar como escribiremos dentro de dez ou vinte anos. E a RAE, cruzada de brazos.

Na pasarela das mestras

Sentei na pasarela que cruza o río Arnoia á altura das Mestras. Sentei cos pés colgando e mirando para abaixo, para Baños de Molgas. Mirei como corría a auga. Descubrín que a auga corría para abaixo. Para arriba pasou unha rula tan cerca que case lle toco. E preto da beira dereita vin como un sapoconcho se botaba a correr (o que se entende por correr) para deixarse caer sobre as carrancoñas dun amieiro.
Pingas de Orballo Mirei para As Mestras e lembrei aqueles tempos de cando se realizaban alí as Xornadas Folclóricas. Un evento cultural que o concello deixou escapar por... alá eles. Mirei para Os Campos, ou sexa, para a esquerda e desde alí adiviñei o que fora meu Campo, unha finquiña de moi pouquiños metros cadrados. Case se pode dicir que era o típico terreo dun saquiño de patacas e dous ou tres regos de horta, é dicir, verzas ou fabas. Unha finca pequena que, por certo, estaba moi mal situada. Porque desde ela vía a todos os que facían uso da piscina, a todos os que facían uso das canchas de tenis e a todos os que se divertían polo parque Ansuíña e, tamén, polas Mestras. Vía a todos eses mentres, eu, sachaba eses poucos metros cadrados que, precisamente, por ser poucos había que baixar as costas e forzar os riles. E vendo a todos eses amolaba ou xiringaba de carallo.
Sigo sentado na pasarela e deixo que a música de Jean Michel Jarre se impoña por enriba do ruído da auga. Pero, para non perder ningún son, ergo e marcho para o barrio da Igrexa.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES