Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

O papel de dona Constanza de Castro en Caldaloba

miércoles, 02 de marzo de 2022
Acababan de degolar ao pai, O Mariscal, e ao curmán, Xoán Nuñez Pardo, diante a sé mindoniense cos parabéns do bispo e cabido catedralicio. Por orde de don Fernando de Acuña, Xustiza Maior dos Reis en Galiza, acababan de incautárlle a Pardo de Cela todo o patrimonio. Quedaron sen nada: orfos e sen propiedades. Dona Sabela de Castro, a viúva do Mariscal, tivo que ir a meterse nunha fortaleciña en Castromaior, que pertencía á casa de Lemos. Non puido ir nin a Casa do Carballo de Galdo nin ás do Valadouro. Sen homes xa na familia, os Pardo de Cela, neste caso dona Constanza, a filla maior, decide tomar a fortaleza de Caldaloba e continuar a loita do pai. Con toda esta traxedia familiar enriba e tan recente, tiña que ser conscente de que podía correr a mesma sorte co pai e curmán: ser axustizada e venderselle todos os bens familiares. Puido non seguir coa loita e ir a Valladolid a pórse de xeonllos diante da súa parente a raíña dona Isabel, mais non foi. Preferíu meterse en Caldaloba e seguir loitando contra as tropas que mandara a Raíña para pacificar Galiza. E aquí estivo, ao menos 13 meses, ata que lle envelenan as augas e como consecuencia, morre. Até entón, loitouse. Mentras viveu dona Constanza de Castro en Caldaloba, houbo loita e resistencia. Naide se entregou. Partíu dela o meterse en Caldaloba. Era ela quen mandaba e levaba o temón. Tiña que ser unha muller forte, combativa e de rexas conviccións. Nada máis morrer, deponse a loita. Fernán Ares de Saavedra, seu home, e os tres criados que quedaban na torre entrégana a don Diego López de Haro, que non a derruba porque era dos Pérez de Viveiro, amigos dos Reis Católicos, mais a Fernán Ares, que salvou a vida porque pidiu por el Diego de Andrade, véndeselle todo o patrimonio na cidade de Lugo. O resultado foi que dona Constanza morreu en plena loita e Fernán Ares quedou ao pairo, sen nada, por enfrontarse aos Reis Católicos. Honra, pois, aos dous, mais dona Constanza merece ser lembrada como símbolo dunha Galiza que deixa a vida por defenderse das inxustizas.
Meilán García, Antón X.
Meilán García, Antón X.


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES