Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Santuarios e festas do Concello de Mondoñedo (5)

miércoles, 02 de marzo de 2022
Respecto ás ofrendas, compre sinalar que estaban ligadas ao pacto baseado na reciprocidade, que esixe do devoto a entrega dalgún ben para propiciar ao ente sagrado ou para compensalo polo favor acadado. Polo tanto, é común que se depositen diferentes ofrendas no transcurso da festividade.
Santuarios e festas do Concello de Mondoñedo (5)
Unha moi xeral é a de cera. Algúns devotos compraron candeas da súa mesma altura e adoitaron oir unha das misas oficiadas no santuario coa candea acesa. Houboos que trouxeron figuras de cera, que representan total ou parcialmente o corpo humano. Estas adoitaron deixalas nun altar, situado ó inicio do lateral dereito do cruceiro (1).

Outra ofrenda característica foron os estipendios en misas (2). Tamén ofreceron esmola en metálico que depositaron nun peto adicado á Virxe dos Remedios, que está situado no lado dereito da entrada ó santuario.

Segundo Trapero Pardo, no interior do recinto sagrado consérvanse exvotos das máis variadas características, como un barco de vela , o vestido e o cabelo dunha persoa doente, as muletas de algún coxo, os cadros con adicatorias de agradecemento á Virxe. Así, nun dos lenzos da parede do Santuario había un cadro ao óleo, de regular factura, que é o retrato dun cabaleiro, vestido a usanza do século XVIII, e que nunha actitude de reverencia, coas mans unidas, parece querer afirmar o que dí a lenda pintada ao pé do devandito retrato:

"HALLÁNDOSE EL SEÑOR DN. JOSEF ESTEBAN SOMOZA Y SUAREZ ENFERMO. UN DEBOTO DE LA VIRGEN SANTÍSIMA DE LOS REMEDIOS YMPLORO SU AUSILIO Y RECOBRO SU SAL". AÑO DE 1791.
Santuarios e festas do Concello de Mondoñedo (5)
No intre actual, os fieis aínda perciben o velero, situado no lado esquerdo do cruceiro.

Ademais, compre sinalar que esta advocación mariana recebiu, segundo Lence-Santar e Guitián, importantes exvotos durante os séculos XVIII e XIX.

Así, no ano 1781, o veciño de Manila, D. Antonio Rivera Montenegro, natural de Galdo (Viveiro), dispuxo en testamento que os 40000 pesos de capital que posuía se invertisen, unha parte en cultos e outras mandas piadosas na igrexa dos Remedios, e a outra a favor de parentes pobres da parroquia natal.

D. José María de Luaces y Presno, devoto entrañable da Virxe, en testamento de 31 do Nadal de 1830, donou á advocación mariana as seguintes alfaias: un reloxo de ouro, ornado con perlas e cunha cadea, tamén de ouro; un solitario de ouro, cun brillante do tamaño dunha avelá; un anel de ouro, cun reloxo no medio, ornado de diamantes; unha cruz de ouro, adornada de diamantes; e, como remate, outras tres cruces de ouro, ornamentadas con esmaltes brancos.

Por outra banda, neste templo hai un ritual consistente en tocar as campás cando ameaza unha treboada. A orixe deste rito radica nunha forte treboada, que afectou antano ás terras do val de Mondoñedo, agás das que estaban próximas ao santuario.

Todos estes elementos tentan ser, en suma, un reflicte da manifestación devocional á Virxe. E o sentir popular quiso perpetuar tamén tan fonda expresión por medio dalgunhas cantigas, algunha en galego, e as mais delas en castelán:
Mondoñedo está nun baixo,
Vilanova, nun baixiño,
Nosa Virxen dos Remedios
está á beira do camiño

Virgen de los Remedios
remediadora,
remédiame mi alma,
que es pecadora

La Virgen de los Remedios
es pequeñita y galana:
¡Ni que bajara del cielo
el pintor que la pintara!

Virgen de los Remedios,
¿cómo es tu manto?
Del color de los cielos,
azul y blanco.


NOTAS:
1. A ofrenda das candeas da mesma altura que os devotos aínda é algo moi habitual nos santuarios marianos.
2. No ano 2005, os devotos ofreceron unhas 200 misas, que tiveron un prezo de sete euros por unidade.
Blanco Prado, José Manuel
Blanco Prado, José Manuel


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES