Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de Orballo

miércoles, 02 de marzo de 2022
Veciños intelixentes
Eu son o home que naceu nun día de primavera a iso das cincos da madrugada. Nacín chorando ou berrando, xa non recordo ben. Seguro que fixen as dúas cousas a un tempo, pero non o afirmo. Nacín por enriba dunha corte na que había tres vacas, un becerro e un burro. Mesmo poida que tamén unha ovella. Non sei fixo. A miña nai Pingas de Orballo chamábase Clotilde e o meu pai Salustiano, pero eran máis coñecidos por Os de Alá Arriba. Seguro que era porque viviamos na cima da aldea. A aldea era unha aldea coma outra calquera. Tiña as súas casas, as súas palleiras, os seus cortellos, os seus galiñeiros, os seus canastros e unha aira tan só. Non digo o seu nome porque non quero que o turismo me acabe con ela. Que queredes, para min é a mellor aldea do mundo.
Logo de nacer e de estudar e de traballar, chegou un momento no que casei e trasladeime para o fondo da aldea. Tamén sabedes que o casado casa quere. Ó trasladarme, claro, a xente como non é parva, empezaron a chamarnos (á miña señora e a min) Os de Alá Abaixo. Na misa de doce dos domingos (antigamente, ía á misa os domingos e festas de gardar), eu ben oía ós veciños... "aí veñen Os de Alá Abaixo, e mira, case coinciden cos de Alá Arriba". Como a intelixencia dos meus pais era pouca, tamén me puxeron de nome Salustiano, polo que case é normal que os veciños fagan uso dos alcumes. Para distinguirnos, claro. Os veciños si que eran intelixentes.
Ale, xa vos contei algo da miña vida. Ó mellor outro día cóntovos algunha outra cousa. Non sei. Todo dependerá. De que? Tampouco sei.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES