Moitos beneficios
Cachaza Platas, Mercedes - jueves, 03 de marzo de 2022
Os humanos estamos nesta vida para empregar os nosos talentos de maneira que nos produzan os máximos e os mellores beneficios.
Cando falamos de beneficios, referímonos a beneficios de todo tipo.
Así:
- Erguémonos cedo para aproveita-lo día ben sexa para traballar, para estudiar, para divertirnos ou para outras tarefas.
- Adquirimos unha formación o máis sólida posible para adquirir coñecementos e defendernos na vida.
- Imos traballar para realizarnos como persoas e obter uns ingresos que nos permitan satisfacer as nosas necesidades vitais que nos permitan levar unha vida digna.
- Somos amables e serviciais cos demais, como debe ser, esperando que eles tamén o sexan con nós, porque do que se dá, eso mesmo se recibe.
- Somos traballadores porque do traballo sae a virtude e o benestar económico persoal e social.
- Somos honrados porque queremos te-la conciencia tranquila, eso ante todo, e se podemos ser queridos e valorados ante os demais, eso tamén é de agradecer.
- Somos formais porque nos gusta que os demais confíen en nós e saiban que a nosa palabra é de fiar e as nosas accións, tamén.
- Somos leais cos amigos porque ter ter amigos é unha riqueza.
- Coidamos a saúde porque é o ben máis preciado que temos. Coidamos non só a saúde física, senón tamén a mental e a espiritual, porque teñen moitísima importancia para o benesar global das persoas.
- Respectámo-los dereitos dos outros porque porque é o noso deber e tamén queremos que respecten os nosos.
Así facemos con todo.
¿Por qué?
Porque queremos obter beneficios que nos proporcionen calidade de vida.
Do contrario:
- O que non madruga, perde unha parte do día.
- Cando non aproveitamos o tempo de estudio, perdemos unha opotunidade excelente para adquirir coñecementos moi valiosos para defendernos na vida
- Cando a nosa situación económica non nos permite satisface-las nosas necesidades, vémonos obrigados a renuncair a moitas cousas importantes e a vivir con moita estreirtura.
- Se temos mal carácter e somos tacaños, perdemos contactos porque nós mesmos lles pechámo-las portas.
- Se somos lacazáns...
¿De que imos vivir a inmensa maioría dos mortais?
- Se non somos honrados no noso proceder, non ofrecemos confianza a ninguén.
E se non ofrecemos confianza.
¿Cómo nos tratarán?
E sobre todo:
¿Cómo nos sentiremos?
- Se faltamos á lealdade, perdemos prestixio, perdemos confianza, perdemos amigos.
- Se non sabemos negociar cos nosos bens, a nosa economía vai a pique e se a economía vai mal, vémonos abocados á miseria.
- Se non coidamos a saúde, perdemos o mellor que temos e nin nos defenderemos por nós mesmos, nin poderemos axudar a otros e, o peor de todo, veremos obrigados a pedir axuda.
- Se non respectamos ós outros, tampoco somos dignos de respecto.
En fin...
Todo canto nos rodea está aí para que o disfrutemos sen cometer abusos.
Todo nos ofrece os seus beneficios a cambio de que saibamos tratalo con amor.
Cómpre: tratalo ben.
"CÓMPRE BO TRATO"
Este será o título do seguinte artigo.
Moitas grazas por terme na súa consideración nesta ocasión.

Cachaza Platas, Mercedes
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora