Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Á beira do Camiño: ¡Outro xeito de celebrar as festas!

lunes, 15 de septiembre de 2008
Vimos de celebrar unha manchea de festas desenvolvidas nos meses de xullo, agosto e o que vai de setembro. Multiplicadas, durante este verán, por centos de concertos de música folk, teatro, maxia e doutras actividades culturais subvencionadas polo Xacobeo e por entidades provinciais. Sobre todo abondaron na cidade e vilas das diversas rotas do Camiño a Santiago. As últimas semanas abondaron as romarías en torno ao Faro, O Cebreiro, a Pena Redonda, Os Remedios, os Milagres... A maioría vividas en santuarios e dedicadas á Virxe María.

Respectando os habituais e modernos xeitos de celebrar as festas parroquiais, patronais, comarcais e as novas e inventadas nos últimos anos para vender produtos típicos das comarcas de Galiza, creo que é posible (¡e mesmo sería aconsellable e desexable!) darlles outro xeito máis rico e humano, no que houbese máis participación activa dos anfitrións ¡Que non lles fagan os de fóra senón, mais ben, que sexan os propios veciños e ao seu gusto!.

Case todas as festas, sobre todo do rural, son fotocopias das cidade/vilas. Todas teñen de base a exhibición gastronómica, grandes orquestras “concerto/exhibición” que favorecen as masivas concentracións de miróns pasivos ollando para eles como se estivesen diante unha pantalla da TV no campo da festa, con foguetes a esgalla e abondosos e repletos postos de venta de bebidas e outras chilindradas. Nas cidades e vilas, engordadas cunha manchea de barracas e variedades encamiñadas a favorecer e facilitar o consumo.

Calquera persoa observadora se dá conta de que predomina a gastronomía na casa e unha forte dose de consumo fóra ¡Todo consumo!. Na comida da casa e na música e bebida, no campo. Tragamos o que nos botan e o que os mestres no oficio queren. Reina a pasividade na maioría dos que deberan ser os verdadeiros protagonistas, xa que son os que pagan, co froito dos pinos ou das canteiras de pedra/lousa, ou mesmo tamén do seu propio peto. ¡Dásenos todo feito e programado! Para nosoutros quédanos só o papel e mesmo a obriga de... ¡consumir! E iso que din que estamos en crise, en recesión.

Hai outros xeitos de celebrar as nosas festas con participación comunitaria, co pobo enteiro de protagonista. Ao xeito dos vellos fiandóns, ruadas e/ou foliadas (polas/vilas) das nosas aldeas. Xa están a pedilas e mesmo a restauralas nalgunhas parroquias. Ë posibles recuperalas sen ter necesidade de acudir ao mimetismo alleo ás necesidades do pobo. Sobre todo agora que só quedan os vellos e non se conta con eles para a súa organización aínda que poñan os cartos.

Na próxima colaboración aportaremos algunhas experiencias vividas este verán en algunhas parroquias da Montaña luguesa.
Mato, Xesús
Mato, Xesús


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES