Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Entroido e guerra

lunes, 28 de febrero de 2022
O Entroido é unha guerra? A guerra é un entroido? O Entroido é unha auténtica guerra Entroido e guerrade camuflaxe e persecucións, principalmente cando corriamos uns detrás doutros para pintarnos con carbón e cando batallabamos cos farelos. Aínda que isto último ‒o de pintarse uns a outros e o de botarse farelos‒ era máis ben antigamente. Agora o Entroido volveuse máis artificial, máis turístico e máis de desfiles. O Entroido é unha guerra ficticia, sen mortes nin feridos. Como moito, algún que outro coma etílico e para de contar.

A guerra, a auténtica guerra que se está desenvolvendo en Ucraína, esa si que é real. Esa iniciouna un auténtico entroido chamado Vladímir Putin. É difícil analizar tal cuestión, porque as guerras teñen moi pouco que analizar, por moito que enchan páxinas e máis páxinas nos libros e periódicos ou por moito que saian noutros medios de comunicación. Penso que tres palabras son suficientes para tal análise: destrución, Entroido e guerrador e morte. Iso é a guerra. A propia guerra. Porque, despois, tamén é verdade que as secuelas case adoitan ser peores que a mesma guerra.

Vendo fotos xa desta contenda, a un non lle queda outra que armarse de valor e asimilar as adversidades que aparecen nos lugares dos feitos: xente resgardada no cubil dos metros para evitar esas bombas que caen sobre as súas cidades. Seguro que despois, cando saian, moitos atoparanse sen fogar, sen nada. Xente intentando subir ós trens ou autobuses para fuxir dunha masacre iniciada por un estafermo ó que todo lle dá igual. Ten que ser un malnacido cando encarcera á súa propia xente porque se manifesta, simplemente porque se manifesta, en contra da súa arroutada.

A guerra do Entroido, aínda que non sexa como era antigamente, é unha guerra retranqueira, fácil de asimilar e gozosa na súa loita. Mesmo cando algúns se converten en guerreiros, ou ditadores, ou criminais ou mercenarios fano con retranca ou incluso con reivindicación a que nunca máis nos vexamos sorprendidos por eses mafiosos ós que só lles interesa o poder. O Entroido é unha bonita guerra, mentres que a propia guerra é un entroido de calamidades e penas, moitas penas. Oxalá rematara axiña, pero visto o visto, non sei que dicir... Oxalá quede nun pequeno intento no que Putin se vestiu de entroido porque non sabe convivir coa festa dos demais.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES