Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

A feira de Pacios 2008, Begonte (II)

lunes, 15 de septiembre de 2008
A feira de Pacios 2008, Begonte (II) ACHEGAS HISTÓRICAS E A FEIRA HOXE

As actividades do primeiro ano proiectáronse para o seguinte e o resultado do evento foi igoalmente moi positivo non só pola participación acadada senón tamén pola calidade das diferentes actividades realizadas.

Neste último ano -2008- a feira de Pacios volveu a celebrarse gracias a Asociación Milenarista, presidida desde o mes de Nadal do 2007, por Eva María Corral Fernández, filla do insigne escultor da vila de Baamonde, Victor Corral. Pois ben, esta persoa con afán, enerxía, tesón e contando coa axuda dos integrantes do colectivo, conseguiu levar a bo porto e con éxito unha serie de actividades. Así, como en anos anteriores, puiden asistir a presencia dunha serie de obradoiros artesáns dedicados a elaboración dunha serie de productos, como diferentes obxectos de cerámica, cestos de distintas formas e tamaños, chaveiros e colgantes de ferro, tecidos populares, tallas de esmalte, tellas decoradas etc. Tamén puiden ver de novo o mercado das mulleres, no que incluio ao “mercado xusto”. A estes labores teño que engadir como tempo lúdico os dous grupos folcloricos que amenizaron a feira ao longo do día; os xogos populares da asociación “O Cadaval” (Castro de Rei), coordinada polo profesor de A Pastoriza Mario Saavedra Pérez. Houbo, ademais, catro novas actividades con respecto aos anos anteriores:

Unha delas consistiu na entrega dun ramo de flores e unha placa de prata á persoa de máis idade da parroquia… Outra foi a exhibición de aeromodelismo levada a cabo polo club “Os Diablos”. Finalmente as outras dúas recaeron nunha demostración canina levada a cabo por once cans da asociación “Acade”, que tiñan que superar unha serie de atrancos dun circuito; e un partido de baloncesto a cabalo por parte da asociación “Pura Raza Cabalo Galego”.

Este evento, que está a rematar por terceira vez cun éxito importante tanto cuantitativa como cualitativamente, está provisto dunhas claves simbólicas, que tentan explicar este fenómeno social ao igoal que calquera outro.

Deste evento deduzco as seguintes claves simbólicas. O rexurdimento da feira representa un triunfo da luz sobre as tebras; da nova actividade racional sobre a vella; da apertura sobre o oscurantismo; do xurdimento dunha comunidade aberta cun influxo social importante; do intérese común sobre o privado...

Mais, cando quero seguir coas miñas claves hermeneúticas sobre a feira, vexo sair, como tódolos anos, do recinto feiral a un cabaleiro nun fermoso corcel que lle vai dar as boas novas do evento ao gran xiarco -rexistrador político- do antigo reino de Atlantis, constituido no intre actual polas tres cuartas partes da Chaira. E o xiarco, logo de escoitar ao seu emisario, voltou a súa mirada lánguida e triste de cara ao horizonte quizais agardando que as novas da feira do ano vindeiro sexan mellores para o seu ser xa algo fatigado co paso dos anos e polo peso da conciencia.

Os grandes e pequenos xiarcos eran ao mesmo tempo bós e malos, xa que segundo nos dí Hegel, e anteriormente Heráclito a dialéctica entre o positivo (tesis) e o negativo (antítesis) e o que posibilita os cambios nos diferentes ámbitos vitais. Por iso, amigos milenaristas, tede moito cuidado xa que puidera acontecer que persoas do voso mesmo signo -neste caso “xiarquiños”- tenten co tempo aproveitarse dos vosos logros, para deste xeito poder acceder a “xiarquias” de máis relevancia. O curioso é que aínda sen saber quen foi Maquiavelo leven a cabo a súa política.

Un saúdo milenaristas.
Blanco Prado, José Manuel
Blanco Prado, José Manuel


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES