Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Sen regateo

sábado, 26 de febrero de 2022
Neste país, o comercio sempre foi arte ou ciencia, e a nobleza rexía esta actividade, a gran escala ou a modesta, cunha floritura intelectual na que o regateo era esencial. "Non terás palabra de Rei?" dicía o comprador cando o vendedor se plantaba nun determinado prezo... E cando a operación era importante, ao chegar a acordo rubricábase dando a man e "mollando a palabra", tomando un viño que pechaba a operación coa firmeza dun documento notarial.

A única herdanza do sistema pervive nas feiras dos pobos e nos mercadiños urbáns, onde o prezo fixo do que presumían os comercios serios hai medio século aínda non chegou a rexir. Pero dentro dos prezos fixos de agora pode haber a excepción ou rareza do combustible onde non hai rebaixas pero a liberdade de prezos xoga un papel que oscila entre o mellor trato e a tomadura de pelo.

No último ano, o prezo dos combustibles non deixou de subir de tal xeito que na actualidade un litro de gasoil xa supera o euro e medio por litro, e pode considerarse un deporte circular polo Ceao e contemplar os prezos, dubidando o conductor da racionalidade do sistema, porque das sete gasolineiras, catro teñen o gasoil a 1,569, aínda que varían a diario, e as outras, dez, trece ou quince céntimos menos por litro, polo que de repostar nunha ou noutra pode haber dez euros de diferencia non xustificada polo trato, xa que alomenos unha das máis baratas ten o trato igual ou mellor ca as máis caras.

Aqui non vale o regateo aínda que a oferta sexa de mercadeo ou mercadiño. Non se entende ben a situación, pero alomenos -se non podemos regatear- somos libres para elixir o máis barato.
Xiz, Xulio
Xiz, Xulio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES