Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de Orballo

martes, 01 de marzo de 2022
Polo universo dos soños

Todos os barcos sucan mares e océanos; menos a miña Perla Negra. A miña Perla Negra navega polo universo dos soños intentando ver unha estrela fugaz. Imos de cometa en cometa buscando o planeta da felicidade e o asteroide do desexo. Son malos de atopar. Pero a este Jack Sparrow, que son eu, non se lle resiste nin tan sequera o Pingas de Orballo infinito e máis alá. Os satélites son coma illas desertas e o espazo sen fin é coma o devezo de sentir, coma a ansia de vivir.
O ronsel que deixa a Perla Negra é coma ese marabilloso monólogo que Robert De Niro nos deixa caer en "Taxi Driver". Desde proa ou a popa, desde babor ou a estribor, xa me dá igual, contemplo o silencio do universo. Ese silencio no que os sentimentos van e veñen e aboian e se pegan coma sombras ó casco da miña carabela.
Aterro ou arribo a Perla Negra nos aneis de Saturno e, alí, durante un tempo, imaxino unha ilusión na que todo sae a pedir de boca e deixo que a inercia escriba uns versos para que planen sobre ese tempo que non ten medida, que dá igual que pase ou se que deteña. Ás veces a felicidade consiste en quedarse só e en silencio pola inmensidade do universo.
Cando me cadra, e con calma, reinicio a navegación coa Perla Negra para visualizar ou descubrir a estrela fugaz dunha realidade definitiva. Unha realidade que abarcará, ou mellor aínda, abrazará, cinguirá esa felicidade eterna. Felicidade pola que cruzo todo o universo dos soños.

Facer o parvo

Ás catro da tarde baixei da casa para achegarme ata os contedores de lixo. Desde lonxe xa vin o que buscaba: un cartón de grandes dimensións. Marchei con el ó garaxe e alí prepararei un bo cartel publicitario ou de aviso ou como lle queirades chamar. Collín dúas boas estacas de castiñeiro que tiña por alí e cravei nelas o cartel. Pingas de Orballo Fun correndo para A Valenzá. A uns metros da rotonda da Familia ou da Farola, xusto no cruce coa rúa do Outeiro, espichei as estacas, é dicir, o letreiro. Eu marchei a tombarme a cinco metros xustos antes da rotonda. Tombeime case no medio da estrada, un pouco escorado á esquerda. Para deixar sitio pola dereita. Porque no cartón pintara, con letras grandes e de diversas cores, o seguinte: "Se non me queres atropelar, non te deteñas".
Un pequeno apuntamento. Deixaba espazo pola dereita para que non se detiveran os coches, pero tamén coa intención de que, aínda que non leran o cartel, me evitaran e non me atropelaran. Non quería morrer esmagado. Sinceramente, eu só quería chamar a atención, ir de chuliño pola vida. Non fixen esa falcatruada para reivindicar algo. Que va. Eu só quería tombarme na estrada e a ver que pasaba. Estaba cagado de medo, pero... Pero era a única forma de que alguén se fixara en min. E fixáronse. A proba é que cada condutor que pasaba... non quero describir aquí o que me dicían. Os bucinazos que me mandaban notábase ás leguas que se foran escopetas, delas sairían balas. Cando cansei de facer o parvo, collín o cartel e marchei para a casa.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES