Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pedro

miércoles, 02 de marzo de 2022
Hai agora unha semana impactábame nas redes a morte de Pedro Brandariz. Foi algo repentino que o colleu en pleno traballo. Pedro traballaba na creación: creaba risos e gargalladas, contaba como ninguén e no seu relato fluía humor e crítica.

Cando se vai un humorista como Brandariz, a humanidade queda, en certo modo, mutilada xa que o seu campo de visión fica máis reducido. Velaí o bo facer de Pedro e de moitos coma el que desdramatizan a realidade para abrirlle as portas a todas as posibilidades que moitas veces non somos quen de ver.

Brandariz non era calquera, Pedro era un clown capaz de crear unha realidade intelixible para calquera público. Isto require forza, carácter e dedicación. Tiña as tres e iso dáballe unha presenza plena en distintos ámbitos. Agora que non temos esa presenza ficamos un pouco orfos, vendo todo o que lle ficou por crear.

A quen tanto deu hai que desexarlle unha boa viaxe aínda que esta fose tan precipitada. Ben seguro que alá arriba alguén está gozando desas gargalladas das que nós quedamos orfas e orfos.
Que a terra lle sexa leve.
Santalla, Iago
Santalla, Iago


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES