Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Ucraina dende a Terra Chá

jueves, 24 de febrero de 2022
Aínda mergullad@s en tanta escuridade e tensión arredor da Ucraina, nestes meses volvín a unha novela da escritora da Muimenta chairega, Sabela Núñez Singala, O agasallo de Anya, e abofé que a súa lectura transmiteume outravolta unha vaga de acougo nesta treboada de raios demagóxicos que están a ameazar o mundo, mesmo convertendo unha gardería no foco dun bombardeo.

A súa fermosa construción literaria desactiva nas nosas mentes e corazóns a alta voltaxe dos dogmáticos discursos dos políticos de turno, mesmo raiando na teatralidade máis ferinte. Esta novela deita valores: solidariedade, amor e respecto ás diferenzas, igoaldade… E atrevémonos con este xuízo negativo sobre a comunicación derivada da dialectica política, motivados pola altura e exemplaridade dos recursos expresivos da escrita que estamos a comentar que mesmo animou ao grupo de monicreques Trécola de Pol a dramatizala tal coma puidemos desfutar nos locais da Asociación de Veciños do Castro de Begonte convocados polo Castiñeiro Milenario de Baamonde.

Son dúas rapazas, Anya e Xiana, que non nos deixan indiferentes transmitindonos as súas realidades, porén esta lectura comprometenos a colaborar nos orfanatos ucranianos, mesmo enviando útiles escolares, porque a literatura de Sabela moviliza á cidadanía; é unha autora sensible ás arelas e diferencias humanas, e coma mestra é rexa na reivindicación da xustiza social, e así hai políticos que non entenden que ensine as matemáticas en galego, na fala das e dos seus alumnos.

Despois de ler este libro descubrimos que todas e todos aínda estamos a tempo de aprender e concienciarnos máis, mesmo na escola da vida, e así partillando a loita de Sabela por artellar a igoaldade dende os trazos que nos definen coma pobo, imos coller as "Mochilinhas de Cores" do seu proxecto solidario que ateigadas de vida son as mellores armas a prol da paz e o respecto para aqueles paises do noso continente.

Fronte á publicidade belicista dos imperios, estamos a ler análises rigorosas de xornalistas e estudosos veciños nosos que achegan luz sobre estas turbulencias.

Xa fai anos, un dos nosos grandes xeógrafos e camiñantes, Ramón Otero Pedraio, tamén peregrino na Chaira, achegouse ao corazón de Ucraína na "Biblioteca de Grandes Cuestións Mundiais" (Madrid 1944), dende as súas paisaxes non coma telón de fondo senón coma evocadoras da diversidade dos seus pobos que algúns queren destruir.
Blanco Torrado, Alfonso
Blanco Torrado, Alfonso


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES