Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Estimada Ana

jueves, 24 de febrero de 2022
Vigo, 13 de febreiro de 2022
Ana Pontón Mondelo
Portavoz Nacional do BNG

Estimada Ana: O pasado 3 de febreiro no Congreso dos Deputados foi aprobada a Reforma Laboral nunha sesión, que parodiando a don Quixote cuxo desenvolvemento será mellor non recordar, pero que desde o meu punto de vista merece dedicarlle algunha reflexión.

Como presentación direille que considero ao BNG como a mellor opción para representar e defender os intereses de Galiza desde unha perspectiva progresista, encadrada no que poderíamos denominar esquerda, polo tanto, cunha prevalencia social. Entendo que a nobre función da actividade política ten que estar determinada pola procura do benestar dos cidadáns, o contrario sería unha estafa. Mesmo, atrévome a afirmar que se algunha Nación esquece este obxectivo perdería a razón da súa existencia para se converter nun obxecto alienante, desnaturalizaría o marabilloso substantivo que os gregos unían á palabra política: filantropía.

Desde esta ou parecida liña de pensamento resultoume incomprensible o sentido do voto do deputado Nestor Rego. Que o meu voto apareza ligado a un organización antisistema como VOX e ao negacionista PP produciume pasmo e fondo malestar. Non lle quedaba a opción de absterse? Que podía perder? Non me diga que desde o goberno central non falaron con el, sería un argumento infantil. Logo, votou Non, porque desde o PP, VOX... falaron con el? Sentinme como estafado e confuso, de tal maneira, que hoxe o BNG non me merece confianza, porque ante intereses de moitos galegos e galegas preferiu, na realidade, apoiar a quen os nega, algo sumamente grave. Seguro que a Reforma non é a ideal, nin a mellor das posibles, pero si sei que o NON era destrutivo para moitos traballadores e traballadoras do noso País. A Nación e o máximo autogoberno son para beneficio das persoas. As Bandeiras e as ideoloxías, mesmo, poden converterse en atrancos, que enmascaran outros intereses.

Con toda lealdade envíolle estas reflexións con ánimo construtivo.

Atentamente
Xosé María Pin Millares
Pin Millares, Xosé María
Pin Millares, Xosé María


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES