Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Familias exemplares

viernes, 24 de junio de 2022
Nos mundos que vivimos parece que non hai moitas familias exemplares; pero haber, hainas...

O QUE NON HAI SON FAMILIAS PERFECTAS.
Familias perfectas non as hai porque todos temos defectos,
PERO FAMILIAS EXEMPLARES, HAI MOITAS.
Moitas son as familias que conservan os valores que aprenderon dos seus antepasados.
Moitas son as familias que conservan as tradicións.
Moitas son as familias que se conservan unidas.
Moitas son as familias que se manteñen firmes no fundamental.
Moitas son a s familias que educan no respecto.
¿Cómo o fan?
O primeiro é que teñen moi claro que certas maneiras de vida da sociedade actual, non as convencen, e daquela presentan outras alternativas ós seus membros.
Manteñen alegría na familia para que todos sexan felices: cantan, bailan fan festas familiares, viaxan na medida das súas posibilidades; pero sempre manteñen orde.
Non permiten deslices:

- HAI QUE COMER O QUE SE PON NA MESA: os alimentos son sagrados, moitos nenos pasan fame no mundo e moitos morren por falta de alimento e medicinas.

- HAI QUE PEDI-LAS COUSAS POR FAVOR: ninguén nos debe nada, todo canto nos fan son favores para facilitarnos a vida.

- HAI QUE DÁ-LAS GRAZAS: é de ben nacidos ser agradecidos, senta moi ben a quen as dá e máis a quen as recibe.

- HAI QUE TER A CASA ORDENADA, CADA UN A PARCELA QUE LLE TOCA: o fogar é o noso lugar de intimidade que debemos coidar con todo tipo de detalles para que poidamos sentirnos cómodos e confortables.

- HAI QUE AXUDARSE MUTUAMENTE, PRINCIPALEMTNE ÓS PEQUENOS, ÓS ANCIÁNS E ÓS ENFERMOS: axudar ó necesitado é un deber. Todos precisamos que nos axuden cando nos fai falta e tamén temos o deber de estar dispostos a axudar.

- HAI QUE RESPECTAR OS HORARIOS: para erguerse, para hixienizarse, para comer, para ir a traballar, para ir a estudiar, para estar en familia, para ir a dormir...
Horarios para todo.

- HAI QUE FACER OS DEBERES ESCOLARES; é unha obrigación para labrarse un futuro prometedor porque "o que de novo non traballa, de vello durme na palla".

- HAI QUE ASISTIR Á MISA OS DOMINGOS (AS FAMILIAS CRENTES) porque estamos convidados á mesa da Eucaristía para que Deus nos dea forzas para cumpri-la súa vontade; porque a PALABRA DE DEUS é Camiño, Verdade e Vida.

- HAI QUE GARDAR A COMPOSTURA CORRECTA:
No fogar por amor á familia.
Nas institucións educativas por respecto ó profesorado e ós compañeiros.
Na igrexa por amor a Deus e ó irmáns; por ser o lugar onde nos reunimos os cristiáns convidados á Eucaristía que nos ofrece o Pan de Vida para alimentar a nosa vida espiritual.
Garda-la compostura correcta tanto na vida privada como na pública...

COIDAR OS PEQUENOS DETALLES.
Se nos educamos desde pequenos para coidar os pequenos detalles, xa sabems como comportarnos para ir pola vida.
Os bos modais e a boa educación abren moitas portas.

AS FAMILIAS EXEMPLARES NON ESPERAN A QUE OS NENOS DECIDAN POR ELES MESMOS COMO DEBEN COMPORTARSE CANDO SEXAN MAIORES:
- As familias exemplares ensínanlles o que deben facer desde o primeiro día.
- As familias exemplares danlles as ferramentas necesarias para que estean dispostos a elixir as mellores opcións cando teñan que dedidir por eles mesmos.

TÓDALAS FAMILIAS TEÑEN A SÚAS FERRAMENTAS PARA SER FAMILIAS EXEMPLARES: trátase de usalas porque están ó alcance de todos, non costan cartos; pero dan moitos beneficios.

"MOITOS BENEFICIOS"
Este será o título do seguinte artigo.
Moitas grazas por terme na súa consideración nesta ocasión.
Cachaza Platas, Mercedes
Cachaza Platas, Mercedes


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES