Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Un rosario de vítimas

lunes, 21 de febrero de 2022
Un rosario de vtimas Falar de mortes é complicado, difícil e moi triste. E máis cando temos por lema que a vida é marabillosa. Pero a semana pasada deixounos unha restra, un rosario de vítimas que, aínda sen coñecelas, doen, vaia se doen. Pola forma en que morreron, claro. Porque mortes haber hainas todos os días. Pero hai mortes e mortes. As deses mariñeiros, pola forma e polo lugar onde pereceron, que, para máis aquel, o detalle dos desaparecidos é máis doloroso aínda, se se pode dicir así. E agora, o loito que deixan por detrás na zona do Morrazo. Certo que o mal é para o que morre, pero...

Un rosario de vítimasDespois temos outras mortes que case se poden catalogar de (ía dicir esperpénticas, pero ningunha morte merece ese nome) impresionantes e practicamente non cribles. Porque, como se pode crer que un mocoso de 15 anos se leve por diante a unha familia, á súa propia familia. E neste caso si que se pode falar da forma. Dunha forma cruel e tan fría que se sae do común. É que nin nunha películas desas maliñas se acometen asasinatos como os cometeu ese raparigo. O mocoso seica relatou os seus actos con sangue frío fóra do normal.

Díxose sempre; que para morrer, mesmo hai que ter sorte. Ós mariñeiros non lles chegaba co afundimento do barco, senón que para rematar a calamidade estaban aí esas augas que te liquidan por conxelación nuns poucos minutos. E a esa familia non lles chegaba que acabaran como acabaron, senón que tivo que ser precisamente o seu fillo, o sangue do seu sangue, o que cometera esa horripilante acción.

Despois hai outras persoas que non teñen onde caerse mortos. Polo menos aqueles que ganen menos de 800 euros. Caso terrible o dunha señora que anunciou pola radio que a ver se alguén se facía cargo dun señor ó que, ata agora, coidaba ela. Ante a imposibilidade de facelo por si mesma (con 81 anos non estamos para certos esforzos), intentouno ante algunhas residencias de maiores, pero, claro, por 800 euros quen se vai rebaixar. É mellor que podreza debaixo dunha ponte ou acochado xunto a un caixeiro. A morte é triste, é a fin; non obstante, a vida, ás veces, é máis que terrible. Tan terrible que moitos morren como morren. E, coidadiño, que temos aí o asunto ucraíno pendurando dun fío. Que me dá que vai romper; o que significa que mortes e máis mortes.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES