Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de Orballo

jueves, 24 de febrero de 2022
Remoendo unha sensación

Chove. Aínda que queda mellor dicir que marmaña. Porque chove miudiño, como miudiño chove; dicía aquela gran poetisa. O silencio ás veces manca e doe. Non me gusta estar en silencio nin que me impoñan o silencio. Quero saber. E para saber hai que contar, ou dicir, ou opinar, é dicir, dar sinais de vida. Tamén é verdade que moito ruído molesta, incomoda, mesmo poden rebentar os tímpanos da nostalxia. Outros falan de moito ruído e poucas noces. Que case é o mesmo que can que moito ladra, Pingas de Orballo pouco morde. Depende. Hai cans que ladran e morden. Que quede a cousa en moita bombilla para tan pouca luz.
Marmaña e o silencio xa se fixo ruído, ou polo menos a situación xa se axustou, xa se acomodou ó camiño. A ese camiño normal, recto, fácil de seguir. A ese camiño polo que transitan os soños, os sentimentos e os pensamentos. Que, por certo, hai para dar e tomar.
Marmaña sobre os coches que pasan e sobre o asfalto mollado. Como diría aquel Camilo Sesto: chove sobre mollado. Tampouco é que teñamos mal tempo; simplemente que orballa en silencio e con ruído. O silencio xa é pasado. E as cousas, ó pasar, cambian. Como cambian as miradas e os sorrisos e os feitos. Chuvisca sobre as conciencias. Os que a teñen. Que hai moitos que non teñen ningunha. Outros imos de santos pola vida ata que choutan os demos e os celos e as envexas. A ver agora quen tira a primeira pedra. Case é mellor quedar en silencio ou adaptarse pouco a pouco ó ruído para poder remoer un chisco esa sensación que mancaba e doía.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES