Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de Orballo

miércoles, 23 de febrero de 2022
Madrugar para ir

Erguín ás sete e cuarto da mañá porque a esa hora me tiña que levantar. Marchei co coche porque tiña que marchar. Levaba tempo, bastante tempo que non circulaba sen a luz do día, pois mesmo, agora, nin tan sequera cando saímos a ver o fútbol polas noites, imos no coche. Desde Moreiras empezou a marmañar, ou sexa, a baballar, é dicir, babuxar, ou mesmo tamén babuñar ou barbañar ou barbuñar ou barbuzar ou Pingas de Orballo barrallar ou barrazar ou barrufar ou barruñar ou barruzar ou brecar ou chuviñar ou chuviscar ou froallar ou lapiñar ou marmallar ou orballar ou patiñar ou poallar ou zarzallar (para que despois digan que a nosa lingua non é rica; 22 palabras para dicir que pingas de auga caen de certa forma sobre a terra), digo que desde Moreiras tiven que facer xa uso, de cando en vez, iso si, do limpaparabrisas. No alto dos Castros, a néboa sumouse á incomodidade da condución; non se vía un burro a tres pasos. Un burro a tres pasos tampouco se vería aínda que non houbese néboa, porque agora os burros brillan pola súa ausencia. Unha pena.
Ó estar chegando a San Tomé os latexos do corazón petaron con forza no peito. Porque por aí case sempre atopo xabarís. Sei que agora están máis cerca das aldeas que no propio monte. Xa antes de Trelle tivera que frear para non atropelar a un zorro (que bonito, por Deus!). En Ramiras parei porque tiven que parar, e seguín de novo camiño ata Castrelo de Miño porque tiven que seguir. E en Castrelo non quedou outra que esperar. Esperei. Á volta, pois máis do mesmo. Resumindo: que madruguei porque tiven que ir.

Tirando á canastra

Mido 2,25 metros. Eu mesmo confeso que son máis grande que os días de maio. Sempre traio comigo un balón de baloncesto. Pero non xogo a este deporte. Pingas de Orballo Certo que equipos de todo o mundo, incluídos os da NBA, andaron e andan detrás de min, pero eu nin caso. Porque, á hora da verdade, non sei xogar ó baloncesto. Tan só practico, iso si, o tiro á canastra. A unha canastra moi especial e a unha altura de case 30 metros. Explico.
A torre da igrexa de Baños de Molgas ten 30 metros e catro reloxos que, as súas esferas, son como as rodas dos carros das vacas e as súas agullas do tamaño dos estadullos. Como un dos reloxos está escarallado, quiteille todos os mecanismos e aproveitei a súa esfera. Púxena na posición na que me fixese de canastra. Xa levo meses intentando encestar desde practicamente todos os nichos do cemiterio. Levo unha porcentaxe de acertos altísima, máis do 95%. Desde os primeiros nichos é que non fallo un tiro. É máis, desde o nicho dos meus pais entran os balóns sen tocar o aro do reloxo. Sei seguro que é o pai que me dá forzas e a nai dáme o tino.
Ó segundo mes de practicar, aquilo xa era un espectáculo. Máis polo lugar de onde tiraba a encestar que polas propias canastras, polos propios acertos. Axiña houbo amigos e veciños que ofrecían os seus nichos para que lanzase desde eles. Así quedaban felices pensando que eran os seus seres queridos os que me daban forza... e tino. Nunca tiven tanta afección nin tan boa... mortos e vivos.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES