Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de Orballo

martes, 22 de febrero de 2022
O Cazarrecompensas

Ás sete da mañá apareceu a policía local pola miña casa. Asustáronme, claro... a policía local, a esas horas... Pero axiña me tranquilizaron. Que era tan só para pedirme un favor. Que sabían da miña profesión de cazarrecompensas sen pegar un tiro. Que o xefe sioux Rabo de Vaca, buscado pola xustiza, estaba a cabalo no Alto de Sudalomba. Pingas de Orballo A mensaxe era clara, entendina ó momento. Querían saber se eu estaba disposto a botarlles unha man... sen disparar ningún tiro.
Que si. Pero coa condición de actuar eu só, á miña maneira. Aceptaron de mala gana, porque eu ben notei que querían levar, despois, os méritos (Si, e eu quedar de parvo, non te amola). Collín a bicicleta BH e marchei, a pedaleo lento, con dirección ó monte Medo. Completamente desarmado, só cun lindo sorriso nos beizos. Tan axiña como pasei Outeiro Barbeiro xa vin na distancia a silueta de Rabo de Vaca. Era unha fermosa estampa a súa, semellaba de película. Porque para máis aquel, a aquelas horas, era cando saía o sol pola serra de San Mamede.
A uns metros do sioux saudeino como se saudaba na época das verdes pradarías, e por moito que hoxe estivésemos no século XXI. Rabo de Vaca impuña no seu cabalo. Ante un xesto meu de ofrecemento, baixou do animal e sentou á miña beira. Estivemos de parola un cacho e cando me confesou que era o derradeiro sioux, díxenlle: "larga, que eu non te vin". Ós locais conteilles que fuxira co seu nome entre as pernas.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES