Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Vender coches na rúa

viernes, 12 de septiembre de 2008
Hai seis ou sete anos viaxamos Merce e máis eu a á illa de Madeira, e dentro do marco incomparable daqueles paisaxes mariños, rurais e urbanos, chamounos a atención que varios coches pola rúa levaban un cartel que máis ou menos dicía: “o meu amo quere desfacerse de min...” ou “O meu dono quere mercar outro coche e xa non quere ter que ver máis comigo”.

Comentando cun taxista o xeito tan poético que tiñan os seus vecinos de vender coches pola rúa comentou que non se trataba propiamente deseo, senón que como había un forte imposto sobre a venta de automóviles e non se podía facer publicidade deles na mesma rúa, os propietarios que querían desfacerse dun vehículo optaban por este xeito indirecto de tentar ós compradores.

Algo deso vai pasar por aquí, xa que o concello de Oleiros ven de converterse no primeiro concello galego que prohibe a venda de coches na vía pública e, polo tanto, que nos coches se peguen ningún tipo de anuncios en tal sentido. Afecta a particulares, a concesionarios, a talleres.

Pola súa banda, tamén o concello lucense prohibe ós concesionarios situar coches na rúa para a súa venda, para que non constitúa competencia desleal co resto das empresas dedicadas a esta mesma función.

O tema vai en serio, xa que Oleiros multará con noventa euros a quen deixe o coche na rúa cun anuncio da súa venda, estimando que non só existe competencia senón que o tema afecta ás prazas de aparcamento, e este aspecto cada día cobra máis valor tanto nas grandes cidades como no resto das poboacións.

Os concesionarios falan de que as vendas entre particulares non teñen a garantía que proporcionan os establecementos dedicados á compra-venda, que hai desleal competencia e que en fin, ven con moi bos ollos que o tema se regule. Ou sexa, que todos contentos. Os propietarios dos coches, a saber.
Xiz, Xulio
Xiz, Xulio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES