Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

A batalla da enerxía

lunes, 15 de septiembre de 2008
Estamos en guerra, non declarada pero aberta en toda regla tendo como escenario todo o mundo e como armas a enrexía que move o mundo e que resulta imprescindible para a vida presente e futura.

Todos temos moi claro que non podemos seguir estando supeditados de xeito case exclusivo ó consumo de petroleo, porque a escaseza deste producto e a postura dos paises productores para manter e elevar precios do cru ven representando unha chantaxe permanente á que en algún momento haberá que poñer coto.

Imponse a investigación permanente e explotación das novas tecnoloxías para ir eliminando no posible a dependencia do petróleo, e neste campo a enerxía eólica, limpa en canto á producción aínda que discutible na estética, é un sector en alza sendo Galicia lugar privilexiado para a súa explotación. O mesmo cabe dicir da enerxía fotovoltaica, igualmente limpa e que en Galicia é un sector en alza.

Aparece agora unha fonte de enerxía, nova, inagotable, que en Galicia ten un excelente futuro. Trátase de obter do mar, con instalacións costeiras, enerxía abonda para o consumo eléctrico de toda Galicia. O sistema, polo de agora, está en fase de investigación por parte de institucións galegas, con numerosas tecnoloxías con patentes foráneas e propias, agardando que se supere a fase da teoría para poder demostrar na práctica as potencialidades deste sector.

Este mesmo mes comenzará a funcionar unha central desta nova enerxía na costa do País Vasco. E despois virán probas, ensaios, instalacións que auguran aproveitamento de posibilidades; batalla que se pode gañar nesta guerra enerxética na que todos temos moito en xogho.

A batalla da enexía, como a batalla da auga, estase disputando día a día, ano a ano. Do seu resultado depende o noso futuro. Non podemos perder máis batallas. Esta hai que gañala, e a Administración debe pronunciarse decididamente na loita a prol das enerxías limpas.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania