A xestión dos aeroportos
Editorial - viernes, 12 de septiembre de 2008
Pretender asumir o mayor número de competencias sobre os temas que afecten á comunidade galega é unha lóxica aspiración por parte da Xunta de Galicia, e o tema do tráfico é unha reivindicación permanente, coidando que a xestión directa das estradas vai repercutir moi favorablemente sobre a circulación e sobre o tráxico balance en vidas que as estradas reflicten a cotío.
A Xunta ten posta a súa atención na xestión dos tres aeroportos de Galicia, ata agora supeditados á da Administración central como todos os demais do estado español, tendo Aena atribuídas estas competencias.
Está previsto que a xestión unitaria de Aena dea paso a unha descentralización na que interveñan nunha primeira etapa os gobernos autonómicos de Cataluña e Madrid. E máis adiante, non se sabe cando, os demais.
Aí é onde entra a Xunta de Galicia para instar coa maior enerxía que se en dúas autonomías se entra a xestionar de xeito descentralizado os aeroportos, tamén Galicia disfrute desta posibilidade, por entender que só beneficios se poden agardar dunha xestión cercana.
E hai que procurar conxeniar as dúas posturas lóxicas. A postura de pretender conseguir controlar desde Galicia os temas do transporte aéreo que afecten a Galicia, e a de ir amodo nun proceso que afecta a un sector tan sensible e tan necesario dunha coordinación segura e ampla precisamente nun momento de crise no que as empresas están vendo en perigo rendibilidade e futuro.
O transporte aéreo en Galicia é un sector de interese absoluto para a comunidade, con potencialidade, con posibilidade de vertebración do país con voos de pequeño recorrido, con infinitas posibilidades comerciais na función e nas instalacións, e evitando que o negocio se desvíe a outros lugares
Avanzar polo camiño da súa potenciación, galeguización, é imprescindible. A intención da Xunta está clara é merece loubanza. Desexémoslle sorte.

Editorial
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora