Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Santuarios e festas do Concello de Mondoñedo (4)

miércoles, 23 de febrero de 2022
Piedade popular

A este recinto sagrado, o segundo domingo de setembro do ano 2012, acudiron devotos procedentes non só da comarca mindoniense senón tamén doutros concellos limítrofes, como o Valadouro, Lourenza, Alfoz, da cidade de Lugo, e tamén da mariña lucense nororiental (1).

Os pedimentos máis usuais adoitaron ser por doenzas humanas. Non obstante, tamén houbo rogativas de carácter precautorio de doenzas e da facenda familiar. E, ademais, prégouse á Virxe por problemas de índole familiar e social, entre os que houbo que distinguir a falta de traballo, o consumo de droga etc. Agora ben, o pedimento vai vinculado ó cumprimento dunha serie de promesas, que poden levarse a cabo, indistintamente, denantes ou despois da concesión do rogo. E para iso, os fieis adoitaron tomar parte en diferentes rituais e cumpriren diversas ofrendas, que describo a seguir:

Nove días denantes da festividade, un bo número de devotos da vila mindoniense e de parroquias limítrofes participaron na novena, na que tiveron lugar, en sesión matutina e vespertina, os habituais sermóns, misas, oracións propias de cada un dos nove días e rezo de rosarios. A comezos do século XIX, compúxose esta novena, da que non sabemos quen foi o autor dun xeito oficial. Non embargantes, segundo a tradición, parece que foi realizada por D. Antonio María de Castro Neira, crego de San Pedro de Argomoso dende o ano 1810 ao 1826.

Neste día, os devotos, logo de acceder ao templo, oiron unha das sete misas que se oficiaron ás nove, dez e once da mañá, ó mediodía, e a unha, seis e oito da tarde. O lúns ás doce celebrouse un oficio relixioso polos confrades difuntos.

Ademais, no interior do santuario poñen o santo. Este ritual realizouse no presbiterio e no lado dereito do cruceiro, onde dous fregueses dos Remedios, con senllas imaxes pequenas da Virxe, fixeron unha cruz por riba da cabeza dos fieis, que bicaron a imaxe mariana, mentres os poñentes recitaban a seguinte xaculatoria:
"Cristo vive,
Cristo reine,
Cristo te libre de todo mal. Amén.
Que a Virxen dos Remedios,
che dea a sanidade,
e che cure a enfermedad. Amén.
Polo poder que Dios ten
e a Virxen María. Amén."

Así mesmo, os devotos levaron a cabo outro ritual de contacto consistente en tocar cuns panos ou coas súas mans a advocación mariana dos Remedios, situada no lado esquerdo do cruceiro. Logo, pasaronos pola cara e outras partes do corpo cunha finalidade precautoria e curativa.
Santuarios e festas do Concello de Mondoñedo (4)
Por outra banda, no adro da igrexa os fieis realizaron o ritual de circunvalación e participaron na procesión. O ritual de circunvalación consistiu en dar unha ou máis voltas ó redor da igrexa, de pé e calzados, portando nas súas mans unha imaxe da virxe. A medida que os fieis remataban o ritual ían pasando a imaxe mariana a outros, que o ían iniciar.

As doce, o novo bispo da diócese de Mondoñedo-Ferrol, D. Manuel Sánchez Monge presidiu a misa solemne no transcurso da cal o alcalde de Ferrol D. José Manuel Rei -ano 2012- realizou a tradicional ofrenda á Virxe dos Remedios, patroa da diócese de Mondoñedo-Ferrol (2). Ó finalizar a misa solemne, formouse a procesión que percorreu a Rúa das S. Lucas, subiu pola Alameda dos Remedios, dende onde retornou ao templo parroquial. Os elementos que interviron no desfile procesional ían dispostos do seguinte xeito:

A cruz parroquial e dous ciriais levados por rapaces da freguesía dos Remedios. O estandarte parroquial levado por tres mozas vestidas co traxe galego. Un grupo de gaitas. A imaxe da advocación mariana levada nas andas por oito devotos e fregueses da comunidade parroquial.O bispo da diócese de Mondoñedo-Ferrol e os cregos concelebrantes. As autoridades do concello e doutras localidades pertencentes ao partido xudicial de Mondoñedo, que van acompañando ao alcalde que fixo a ofrenda a á Virxe dos Remedios. Como remate, os fieis colocados sen distinción de idade e sexo.

A advocación mariana, sae en procesión dúas veces ó ano: na festividade dos Remedios, e na procesión do Corpus, acompañando ao Santísimo, que sae da Catedral.

Non embargantes, no transcurso dos anos houbo unha serie de procesións penitenciais nas que a imaxe da Virxe saiu do seu santuario pola súplica colectiva dos seus devotos que solicitaban a súa intercesión perante algunha calamidade.

No ano 1651, por mor dos destrozos que estaba ocasionando un temporal entre os mindonienses, as autoridades do concello decidiron levar en procesión a advocación mariana dos Remedios ata a Catedral, onde se celebrou unha Novena. O Cabildo e o Deán doaron unha alfaia á Virxe por valor de douscentos reais.

Asi mesmo, o 7 de xuño de 1808, a advocación mariana dos Remedios foi levada en procesión ata a Catedral, onde se lle celebrou un novenario para suplicar a súa mediación na loita que se iniciara contra os franceses.

A mediados do século XIX, a vila mindoniense viuse afectada por unha epidemia de tifus. Isto motivou que o bispo da diócese, D. Tomás Iglesias y Barcones, mandase realizar procesións penitenciais ao santuario dos Remedios coa finalidade de pregar á Virxe a súa intercesión perante aquela calamidade que estaba sufrindo a vila.


NOTAS:
1. Estámonos refirindo ao ano 2005. A festividade da Virxe dos Remedios sempre se conmemora o segundo domingo de setembro.
2. O alcalde ferrolán estivo acompañado non só dunha representación municipal da cidade, que preside, senón tamén de rexidores doutros municipios diocesanos, como Ortigueira, Ribadeo, Vilalba, Viveiro e da vila anfitriona, Mondoñedo.
Blanco Prado, José Manuel
Blanco Prado, José Manuel


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES