Equivocámonos
Cachaza Platas, Mercedes - jueves, 17 de febrero de 2022
Din que é humano equivocarse.
A verdade é que os humanos somos criaturas con moitas limitacións e, por eso mesmo, cometemos moios erros.
Os humanos tropezamos moitas veces.
Tropezamos todos.
Hai tropezos minúsculos e outros que son maiúculos, tal como os relativos á eduación da infancia.
A educación da infancia é algo tan complexo e tan delicado que resulta difícil acertar ó cen por cen.
Ser un bo pai, ser unha boa nai é unha tarefa moi complicada.
Son moitos os pais que, querendo tanto ós fillos, danlles todo feito
Danlles tanto, tanto que a veces esquécense educalos nos valores fundamentais.
Do respecto déixase falado moito; pero:
¿Cantas criaturas tratan de vostede ás persoas maiores?
Practicamente ningunhas e eso lévaos a ver a todos no mesmo plano:
- Pais e fillos no mesmo plano.
- Profesorado e alumnado no mesmo plano.
- Autoridades e subordinados no mesmo plano.
Todos somos persoas pero eu pregúntome:
¿CANTO LLES FALTA ÓS FILLOS PARA SABER TODO O QUE SABEN OS PAIS?
- Moitos anos de formación
- Moitos anos de vivencias.
- Moitos anos de experiencia.
¿CANTO LLE FALTA Ó ALUMNADO PARA ESTAR NO LUGAR DO PROFESORADO?
- Moitos anos de estudio.
- Moitos exames que superar.
- Moitas responsabilidades que asumir.
- Moitos anos de vida.
CON RELACIÓN Á AUTORIDADE:
¿Os país teñen autoridade sobre os fillos ou viceversa?
Os fillos deben obediencia ós pais, polo menos mentres están baixo a súa custodia.
Os país teñen o deber de criar os fillos e os fillos deben respecto ós pais.
O profesorado ten o deber de instruír ó alumnado e este a cambio débelle respecto e obediciencia.
Cada un no seu lugar.
Nos últimos tempos, saltámonos varios capítulos.
Queremos ser todos iguais e non é así.
SE CADA APERSOA OCUPA O LUGAR QUE LLE CORRESPONDE, TODO SE MANTEN EN ORDE.
Cando non: rómpese o equilibrio.
E así nos vai:
- Rapacería que empeza a delinquir a idades cada vez máis temperás.
- Persoas que se cren co dereito de privar da vida ás outras.
- Nenos que maltratan ós pais.
- Pais e nais irresponsables porque foron educados na irresponsabilidade
- Alumnado que quere saber máis que o profesorado.
- Profesorado que se sente impotente ante tanto descontrol.
- Subordinados que se saltan as normas.
- Negacionistas que non queren vacinarse, podendo e debendo facelo; pero cando se ven en apuros, ben que acoden ó personal sanitario para que remedie os seus males.
Todo esto e moito máis débese, en boa medida, ós erros que cometemos á hora de educar á infancia.
Os erros que se cometen coa eduación da infancia, teñen consecuencias para a sociedade en xeral.
DE FEITO AS DIFERENCIAS ENTRE FAMILIAS QUE SABEN EDUCAR E AS QUE NON, SALTAN Á VISTA.
Aínda son moitas as familias que ensinan ós nenos a:
- SAUDAR E VALORAR ÁS PERSOAS AMIGAS DA FAMILIA, fronte a outras que nada máis saben recoller os regalos.
- CEDER O PASO ÓS SUSPERIORES, fronte os que se cren donos do mundo.
- CEDER O ASENTO A MAIORES, ENFERMOS, EMBARAZADAS, PROFESORES, fronte ós que foron educados egoístamente e só pensan neles mesmos.
- CONSERVAR OS VALORES CRISTIÁNS DOS ANCESTROS: sacramentos, obras de misericoredia, fronte ós que non só os ignoran, senón que se burlan de quen os practica.
- RESPECTO Ó PROFESORADO E ÁS PERSOAS MAIORES EN IDADE, A DIGNIDADE OU O GOVERNO, fronte ós que pensan que todo é liso e llano.
Estas son as familias das que temos moito que aprender se queremos reconstruír este mundo que se nos está caendo a bocados.
"FAMILIAS EXEMPLARES"
Este será o título do seguine artigo.
Moitas grazas por terme na súa consideración nesta ocasión.

Cachaza Platas, Mercedes
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora