Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Ladrar de forma rabuda

lunes, 14 de febrero de 2022
A un débil ou a un mediocre, cando se lle dá algo de poder, intenta usalo de seguido porque, pola súa condición, sabe que pode perdelo e ten que aproveitar, entón, Ladrar de forma rabudaese instante. Eses débiles ou mediocres recórdanme a eses cans pequeniños que se volven rabudos porque saben que os amparan os seus amos. Algo moi semellante ó que lle está pasando ó alcalde de Ourense. O outro día seica houbo o demo e a mona nun pleno a causa das discrepancias, perdón, dos insultos que cuspiu contra o representante do BNG no concello de Ourense, ó que lle chegou a chamar "matón", como se Luis Seara fora compoñente da mafia ou gardacostas nos tempos de Al Capone. E non contento cos insultos, optou por facer uso da policía para sacar do pleno ó concelleiro nacionalista. A oposición, nun alarde de compañeirismo, escolleu abandonar o salón de plenos para deixar ó alcaldiño só e coa obrigatoriedade de suspender tal pleno.

Agora ben, o de alarde de compañeirismo tamén é un dicir. Porque aquí pasa o que comentaba dos cadeliños rabudos: que se volven tan agresivos porque saben que están amparados polos seus amos. Todos sabemos na nosa provincia quen apoia a Jácome. Este fai o que fai porque ten o apoio que ten. Así é que, o de compañeirismo é máis ben para a galería, para quedar ben ese día. El sabe moi ben que pode esbardallar o que queira, mentres haxa algúns que pechen os ollos e se laven as mans.
Ladrar de forma rabuda
Outro mediocre que ladra de forma rabuda é Santiago Abascal, o líder de VOX, ese partido que representa o que representa. Que quere que se tomen medidas porque a Xunta seica quere fomentar o galego. Este tipiño non se decata de nada. Non sabe que en Galicia sempre tivo como idioma o galego. E en calquera lugar do mundo, onde hai un idioma é porque se fala. Que cando non se falou foi porque o prohibiron uns da súa ralea. E non é que o prohibiran tan só; é que foi perseguido, acosado e practicamente eliminado. Cando todo o mundo sabe (menos catro chacaritas) que a esencia dun país, a alma dunha terra é a súa lingua. Pero hai certos elementos ós que non lles importa levar a cabo algunhas ou varias exterminacións... razas, linguas, pobos...
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES