Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Polo trato humano

miércoles, 16 de febrero de 2022
Recoñecendo que a pandemia trouxo aspectos positivos como o impulso dixital e que son o primeiro que quero aproveitar ese impulso, considero, tamén, que o impulso dixital non se pode impoñer á forza en sectores nos que a dixitalización está subdesenvolvida debido, entre outras cousas, á falta de necesidade de determinados grupos de poboación. Estoume a referir aos nosos maiores que estaban afeitos ao trato humano, a ter unha persoa de referencia na entidade bancaria e, por exemplo, a ir periodicamente a actualizar a cartilla. Podo entender que as entidades queiran evolucionar pero considero que o que están a facer é unha involución en transparencia e en atención ao público sen reflexionar sobre un aspecto fundamental; sen a clientela non son absolutamente nada.

Polo tanto, é máis importante (ou debería selo) a persoa que a entidade xa que se chega a haber unión a forza está no colectivo de clientes. Isto quere dicir que o primeiro que hai que facer é escoitalos e o segundo buscar puntos de encontro e solucións. A xerarquía ten que baixar á realidade e vela dende o punto de vista do cliente, senón corre o risco de ser un castelo de naipes tirado polo vento da deshumanización.
Santalla, Iago
Santalla, Iago


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES