Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de Orballo

martes, 15 de febrero de 2022
A vida é...

Andar de aquí para alá non é vida. Como tampouco é vida quedarse quieto. Buscar o termo medio adoita ser complicado. Como complicada é a propia vida. É bonita pero complexa. É útil ou servible pero efémera. Tirarse ós toxos non é plan, aínda que ás veces non queda outra. Andar entre dinosauros é como soñar cos tempos antergos. Estar a velas vir é como sentirse inútil, baldío, improdutivo. E co bonito que é sentirse vivo. A vida é tan complicada como, por veces, esperar por un café que non Pingas de Orballo vén. Aí tamén reside moito na inutilidade das ansias. Hai xente que non ten ansia ningunha. A vida dá as sorpresas de Rubén Blades e a caixa de bombóns de Forrest Gump. A vida vai e vén; foi, está e será.
Desde a terraza dun bar contemplo a vida pasar. Porque pasa. Non se detén. Se se detén xa non é vida. É un baleiro. É a nada. Un cero á esquerda. Por iso a vida ten que pasar como un río manso e como un regato bravo, como un asubío eterno e como un sentimento en silencio. Os sentimentos si que teñen vida. E os soños máis, aínda que sexa unha vida ficticia.
Ando de aquí para alá e non é vida. Pero vivo. Non me quedo quieto porque quero vivir. Tamén me boto ás boleiras polos Castros abaixo para sentirme vivo. E gardo na faiado a caixa da esperanza para non desesperar desta vida que me zarandea, que me peneira dun lugar a outro. A vida é un caderno en branco que escribo co paso dos días e coas accións que cometo. A vida é vida e hai que vivila.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES