Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de Orballo

viernes, 11 de febrero de 2022
Pasan os coches

Cheguei a tempo para sentarme na mesa dunha terraza. Dicir que, para estas cousas, sempre chego a tempo. Sentei, pedín un café e xa tomei un primeiro sorbo. Non é que estea moi rico, pero en cuestión de cafés, trago o que me boten. Ou sexa, que normal. Os coches pasan e a música penétrame polos oídos. Non oía ben, pero si, é Buika, a gran Buika a que canta. Os coches seguen pasando e a mascariña, mellor o Pingas de Orballo bozo, está sobre a mesa. Como cidadán exemplar, e como xa tomei o café, volvo tapar a boca por se anda o bicho por aí. Menos mal que dentro de dous días xustos xa non é obrigatorio en exteriores. Loado sexa Deus! Tan só que sexa polos anteollos e para saber o que fala a xente. Non obstante, para min, o máis importante: para poder mollar o dedo e pasar as páxinas dos xornais e dos libros. Aínda que cos libros nunca tiven impedimento, pois como adoito ler por fóra, por xunto a unha explanada que teño por detrás de onde vivo, por aí ando sen bozo.
Os coches non deixan de pasar. Sobre a mesa, o último libro que acabo de ler. Que acabei de ler haberá uns 20 minutos. "En plena noche", de Mikel Santiago. Típico thriller que entretén moito e ben, e que demostra que os españois tamén saben construír un best-séller. E téñoo aquí, na mesa, porque tan axiña como remate con este Pingas, levareino á biblioteca para a súa devolución. Despois, claro, faltaría máis, pillarei outro. Son as cinco menos dez da tarde e, arre demo, os coches seguen pasando. Uns a continuación doutros. Uns por diante doutros. Uns cruzándose con outros. Son os coches que pasan.

Como lles chove a algúns!

Pensaba que só era eu o que corría sen me mover do sitio, o que se duchaba no deserto ou o que nadaba na copa dun castiñeiro, e resulta que os de Mecano din que alguén quere ir a Venus nun barco. Ai, meu Deus, como lles chove a algúns! Para que despois non se diga que non hai xente para todo. Para todo e para máis alá da imaxinación. Eu mesmo moitas veces boto moito tempo colgado dun corno da lúa nova. Pingas de Orballo E só porque me apetece. Para viaxar polo espazo xa me chega cando vou visitar ó meu amigo o alieníxena, que sabedes que está a milleiros de anos luz. A lúa, queirades que non, está aí, á volta da esquina, coma quen di; ou sexa, na fin dunha escaleira... longa, pero escaleira.
Hai xente que di que non é racista, pero aparta dos negros ou dos xitanos. Tamén a hai que cuspe para arriba. Iso é ser parvos! Teñen o risco de que o esgarro lles caia nos fociños. Oxalá! Claro que eu non son menos; por veces quero mirar a través dunha persiana baixada ou esconderme entre un espello e a parede para intentar ver o agasallo que hai ó outro lado.
Como lles chove a algúns! A un servidor e a moitos. Queremos realizar imposibles e ver cos ollos pechos. A ver, eu, sinceramente, cando mellor vexo é cos ollos cerrados. Facede a proba, pechade os ollos e pensade no que realmente queredes pensar; seguro que vedes mellor cá cos ollos abertos. Non sei se ese amigo de Mecano chegaría a Venus, pero eu si alcancei a fin do camiño, dese camiño que pensei que non tiña fin.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES