Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Coidémonos mutuamente

jueves, 10 de febrero de 2022
Din que a caridade ben entendida comeza por un mesmo.
Certamente que cada persoa ten que coidarse a sí mesma para que poida coidar ós demais.
Hai labores que ninguén pode facer por nós mesmos.
Pero ninguén se amaña por sí só.
Temos que responsabilizarnos das propias obrigas para con nós mesmos e para co resto dos humanos, tamén:

NECESITÁMOLOS E NECESÍTANNOS.

Temos que coidarnos mutuamente, empezando polos máis próximos: familiares, amigos, veciños...
A responsabilidade individual repercute, de modo determinante, na vida social, especialmente na vida familiar.
Para que unha familia goce de benestar, tódolos membros teñen que colaborar e tirar unidos na mesma dirección.

Cando un membro da familia sae pola tanxente, a familia sofre moito.
Todos coñecemos algún caso.
Son demasiadas as persoas que non se acomodan ás circunstancias da vida e buscan:
- Novas experiencas.
- Novas aventuras.
- E cousas sen xeito ningún.

Hai moita falta de xuizo, moita inmadured, moito vicio...

O caldo de cultivo actual, tamén se presta...

CERTOS PROBLEMAS DERÍVANSE DESTE RITMO DE VIDA QUE LEVAMOS:
- ¿Estaremos perdendo o norte?
- ¿Pensaremos que todo vale?
- ¿Estaremos asumindo como normal o que é unha anomalía, unha enfermidade social, un mal social?

Posiblemente esteamos máis "enfermos" do que pensamos.
Enfermos de "enfermedades" que non cura a medicina

Non caemos na conta de que cada un dos nosos actos ten as súas consecuencias.

Se nos equivocamos á hora de actuar, podemos perde-lo norte.

E cando perdemos o norte, podemos perder a orientación.

Se perdemos a orientación expoñémonos a ir sen rumbo pola vida.

Para evitar ir sen rumbo pola vida: debemos coidar moito os nosos actos para que nos resulten enriquecedores.
Esto ten un prezo.
A VECES UN PREZO BASTANTE CARO E MOITAS PERSOAS SUCUMBEN PORQUE CARECEN DE PRINCIPIOS MORAIS BÁSICOS.

Son persoas de tódalas idades.
Non podemos botarlle a culpa á xente nova, porque os adultos tamén temos parte.
¿Qué valores lles inculcamos?

Pensamos que terían todo moi doado comparado con tempos pasados.
Os tempos cambiaron pero todo ten un prezo.
Ese prezo hai que pagalo e para pagalo hai que sacrificarse.

Moitas cousas poden pasar de moda; pero:
O SACRIFICIO, O ESFORZO, A CAPACIDADE DE LOITA, A MORALIDADE, A RENUNCIA A FIDELIDADE, A LEALDADE, A HONRADED, A XENEROSIDADE, A CARIDADE...
¡ESES NON PASAN NUNCA DE MODA!

¿ESQUECERÍASENOS A EDUCACIÓN EN VALORES?

Por otra banda AS CONVIVENCIAS SEMPRE SON DIFÍCILES, HAI QUE REGALAS CON MOITO AMOR E CON MOITA PACIENCIA.
O amor soporta todo, pero é unha pranta moi delicada que precisa moitísimos coidados.
Eses coidados esixen renuncias de todo tipo e a nosa xuventude non foi educada para renunciar a nada.

"EQUIVOCÁMONOS"

Este será o título do seguinte artigo.
Moitas grazas por terme na súa consideración nesta ocasión.
Cachaza Platas, Mercedes
Cachaza Platas, Mercedes


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES