Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de Orballo

miércoles, 09 de febrero de 2022
Saio porque teño que sair

Segundo algúns marchan porque teñen que marchar, eu saio porque teño que saír. En primeiro lugar, porque son un canquilleiro. E en segundo lugar, porque me pode caer a casa encima. E xa sabedes que iso non pode ser. Creo que a ninguén lle gusta morrer esmagado. Tamén podo saír de dúas maneiras: andando ou correndo. Aínda que Pingas de Orballo a estas alturas, ou sexa, á miña idade, o de correr sería máis ben trotando. Ou facendo como facía o Padre Saltón, un Paúl que había nos Milagres que, ós cachos, andaba e, ós poucos, choutaba. De aí que lle chamasen o Padre Saltón. Eu, ás veces, tamén chouto; cando teño moita présa. E iso que din que as présas nunca foron boas. Claro que tampouco se lle pode facer sempre caso a eses contos.
Non lle poño ningunha pega a saír polas mañás, polas tardes e polas noites. Sempre saio polas mañás e tardes. Agora, a estas alturas, polas noites xa non saio nunca, a non ser, claro está, que haxa que saír a ver un partido de fútbol, que non é que sexa moi a miúdo, pero chégalle ben. E polas noites quero que saibades que non teño medo ningún. No atallo tan só me pode asustar o gato de sempre que anda por aí. Entendede o asunto: non lle teño medo ó gato; é o susto que dá cando aparece de súpeto. En principio, aínda nunca me asustou. Seguro que é porque el me ten máis medo a min que eu a el. Por medo, téñolle máis a eses coches que non respectan os pasos de peóns. Porque eu, cando saio, cruzo pasos de peóns. Unhas veces amodiño e outras trotando. Como o Padre Saltón.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES