Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de Orballo

martes, 08 de febrero de 2022
Se digo que...

Se digo que o ceo está azul, será porque está despexado. Se digo que o mar é verde, ou mesmo azul tamén, será porque nos engana a vista. Se digo que as dereitas se apropian do legado de Castelao, será porque teñen moita cara e pouca vergonza. Principalmente, pouca vergonza. Volveron a facelo no 136 aniversario do seu nacemento. Se digo arre, será porque estou subido a un burro. Claro que, non sei a que burro. Porque hai burros e burros.
Pingas de Orballo Se digo que se transplantaron dous riles manipulados de porco a un ser humano, será para comprobar e demostrar que, o porco, a maiores de que é un animal ó que se lle come todo ‒desde a punta do rabo ata os ferretes dos fociños‒, vale incluso máis que para alimento das persoas. Os galegos, por sorte, tivemos tres animais ós que deberiamos adorar máis que a ese famoso becerro de ouro: as vacas, os burros e os porcos. Que nolo deron todo.
Se digo que me tiro minutos contemplando a estrada, será porque quero ver pasar algún coche. Se digo que alucino en colores, será porque non soño en branco e negro. Se digo que escoito a Melendi, será porque aínda non apareceu Sabina. Se digo que as medidas que se tomaron nos hospitais a causa da pandemia para visitar ós pacientes e que afondou na soidade destes, será porque non quedaría outra. Pero é moi triste estar convalecente e que durante días ou meses non te visite ninguén. Quizais lle fixese máis dano esa soidade que a propia enfermidade. E se digo que isto remata, será porque o espazo non dá para máis.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES