Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Foz: O P.A.C. e os políticos

martes, 09 de septiembre de 2008
A insólita historia que en Foz vivimos dende o ano 2000 en que a Xunta de Galicia (PP) privou ó noso concello dun Punto de Atención Continuada, non é senon un claro exemplo de cómo ós políticos pouco lles importan os problemas dos cidadáns, nen a súas solucións. Os seus afáns vólcanse en favorecer as estratexias de partido, e as persoais, e daí que sen o mínimo rubor muden de criterio e de actitudes, en función do lado que sople o vento; e ademais parece que todos leron no mesmo Silabario.

Cando na data sinalada se programou a atención sanitaria a través dos PACs, ninguén entendeo cómo Foz, habida conta a súa entidade de poboación, o notable incremento temporal da mesma, a situación xeográfica e demais, podía ser marxinado de tal servicio. Evidentemente só a razón sectaria o explica.

Tal feito produce a lóxica reacción popular que, liderada polos gobernantes municipais, amosan as súas protestas na rúa, a través de diversas manifestacións, mesmo en Santiago, e nada se consegue. Unha vez consumada a fechoría aparecen os pescadores en río revolto, e aproveitando o malestar da cidadanía, en campaña electoral, os “salvadores da patria” ían facer xustiza: Touriño, Xosé Blanco e Quintana prometen, pública e solemnemente que, de gobernaren, Foz ía ter PAC… E a loita segue, aínda que só mantén a súa dignidade a Plataforma pola Defensa da Sanidade Pública, á que o mesmo Touriño se nega recibir. O P.S.O.E. fai mutis polo foro e cambia radicalmente de actitude: dedica despiadadas críticas ós que se manteñen nas reivindicacións e mesmo intenta desmantelar a Plataforma, á que acusa de “estar politizada”.¡Ten memoles! Pero, claro, antes eran oposición; como o é ahora o PP que, sendo o primeiro causante da situación, non asiste ás manifestacións mensuais que convoca a Plataforma e a estas alturas presenta iniciativas parlamentarias para a creación do servicio que antes negara; propostas que o PSOE rexeita, e tamén o BNG, que sí acude a manifestarse pero sen embargo non apoia a moción que presenta outro partido, e polo tanto non prospera. ¿Será certo que toda esta xente está a favor do PAC para Foz?. Para poder crelo, alguén debería aclarar este galimatías.
Fernández, Suso
Fernández, Suso


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES