Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de Orballo

viernes, 04 de febrero de 2022
Non sei nada de min
Que forte! Non sei quen son. Nin de onde veño. Tan só que estou sentado na terraza dun café, tomando precisamente un café. Dáme corte preguntarlle ó camareiro se sabe como me chamo. Aínda que non creo que o soubera. Penso que non son dos que van dicindo por aí o meu nome. Porque tampouco sei moi ben se dar o real ou o alcume. Non sei por que, pero sóame que teño un alcume. Sempre oín que no noso Pingas de Orballo país todos temos algún alcume. Non obstante, agora mesmo non lembro nin o nome nin o alias.
O peor chegará cando queira marchar. Para onde vou? Non sei nin de onde son nin de onde veño. A angustia, quizais o medo, xa me aperta o peito. Nin tan sequera sei se teño familia. Se vivo só. Ou nunha comuna. Ou de aluguer. Ou con piso ou casa propia. E se vivira debaixo dunha ponte ou xunto a un caixeiro?
Miro dúas pombas (que sei que son pombas) peiteando por entre as mesas e vexo os coches pasar. Sei que estou na Valenzá, como sei tamén o nome do camareiro; pero non sei nada de min. Isto é o que empezo a notar que é o gran problema: que máis ou menos sei certas cousas, agás as relacionadas comigo.
Nin sei que gustos teño. Nin se soño esperto ou durmido. Non sei se teño sentimentos e se lanzo suspiros. Non sei se me gusta ler ou escribir, aínda que estea escribindo agora. Non sei como se chaman as prendas de roupa que levo postas nin o aparello co que escribo. Quen son? De onde veño? A onde vou? Puta filosofía barata!
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES