Silencio dos Bispos nos casos de abusos pedófilos
Rodríguez Patiño, Luis Ángel - viernes, 04 de febrero de 2022
Aproveito a liturgia do Día da Candelaria, para denunciar a actuación dos sacerdotes pederastas e o silencio da xerarquía eclesiástica ante tales abusos.
Na homilía dixen que resulta rechamante que feitos como os que agora están saíndo á luz sucedan con persoas que teñen a Deus por norte, e explico que sexan ou non públicos, son unha vergonza.
En canto á postura da Conferencia Episcopal, tamén cuestiono a súa forma de actuar, evitando a cuestión, sen mirar aos ollos danados da vítima, e considero terroristas a todos aqueles que co seu silencio trataron de ocultar a podremia da acción.
Son terroristas, segundo o meu xeito ver o sucedido, porque terror é o que sente o que o padece. Terror o que sofre cando non pode contalo. Terror dálle pensar en denunciar, e terror que vai desaparecendo cando vai curando a ferida.
Conclúo sinalando que o Deus misericordioso non está a rifar co código civil dunha sociedade democrática e subliño, así mesmo, que son escasos os pedófilos en relación ao número total de sacerdotes.
ISTO FOI O QUE FALEI, xa que María é nai. E por iso tamén falei da así mesmo fale da dor dunha nai.
Luis Ángel Rodríguez Patiño é cura párroco de XESTOSO.

Rodríguez Patiño, Luis Ángel
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora