Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Imponderables

martes, 09 de septiembre de 2008
Por moito que os organizadores dunha actividade poñan interese especial en que todo salla ben, os imponderables marcan a súa lei e pode suceder calquera acontecemento inesperado que racha con todo o previsto.

Ocorreu en Santa Cruz do Valadouro, nas terras do norte lucense, onde se celebraba unha feira equina e na que perdeu a vida unha amazona porque, ó parecer, desbocouse o cabalo. De inmediato, os organizadores suspenderon a celebración.

Na capital lucense hai anos organizábase anualmente unha carreira de motos arredor da muralla, que gozaba do aprecio popular xa que desde o primeiro monumento lucense se podía contemplar á perfección a evolución dos corredores pola pista inmediata.

Os temas do tráfico fóronse complicando na cidade, e a carreira trasladouse ó polígono industrial do Ceao. O novo recinto non chegou a consolidarse porque nunha edición a mediados dos anos oitenta morreu un corredor. Non se volveu celebrar a carreira.

Velaquí dous exemplos de imponderables, nos que o ser humano ten un papel importante pero hai outros factores que son totalmente incontrolables, e fronte ós que só cabe reforzar as medidas de seguridade ó máximo, e fiar da sorte.
Canto menos cabos queden sen atar, máis seguridade. Que nunca será absoluta pero proporciona tranquilidade.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES