Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Santuarios e festas do Concello de Mondoñedo (1)

miércoles, 02 de febrero de 2022
Publicado no Boletín 'Croa' nº 23, 2013, Castro de Viladonga, Castro de Rei (Lugo)

I. O Santuario da Nosa Señora dos Remedios
1. Situación do santuario

COORDENADAS U.T.M.: X: 631.940 Y: 4.809.685
O santuario está situado na parroquia da Nosa Señora dos Remedios de Mondoñedo. Dende o punto de vista eclesiástico pertence ó arciprestado de Mondoñedo, da diócese de Mondoñedo-Ferrol, e civilmente ó concello de Mondoñedo, da provincia lucense.
Santuarios e festas do Concello de Mondoñedo (1)
O municipio de Mondoñedo encóntrase situado na comarca da Mariña Central, a metade de camiño entre a costa lucense e a Terra Chá. Dende o punto de vista físico, o concello está situado ó pé do rebordo montañoso que enmarca a planicie da Terra Chá polo norte. Ademais, presenta un relevo abondo accidentado, bañado por unha rede de arroios e ríos que conforman a cabeceira do río Masma. Así, a capital municipal está situada nun fértil val na confluencia dos ríos Cesuras e Valiñadares.

Por outra banda, malia ser un concello do interior, a súa escasa distancia respecto ao mar e a carencia de barreiras topográficas motiva que as súas temperaturas sexan suaves.

Tocante á demografía do municipio, compre salientarmos unha perda demográfica dende principios do século XX. Non embargantes, dende 1970 prodúcese un estancamento ata o intre actual. Sen dúbida, a consecuencia de todo este proceso é un crecemento vexetativo negativo, onde un proceso migratorio (1950-70) e unha baixa taxa de natalidade, e (unha baixa taxa) de mortalidade, son os trazos máis característicos da poboación do concello.

Dende o punto de vista histórico, todo o val de Mondoñedo foi centro de asentamentos que, logo, serían o fundamento do futuro burgo. Así da Idade do Bronce consérvanse dólmenes, petrogrifos. Tamén, hai unha importante cultura castrexa, que está reflectida, entre outros, nos castros de Os Castelos de Viloalle ou no de Zoñán dos Remedios. Da época romana hai restos de calzadas (romanas). Nesa época, é posible que a poboación estivese asentada no actual barrio de Os Castros e paseniño iría desprazándose de cara ás terras máis baixas.

Con respecto á orixe da diócese, probablemente comeza no século V coa chegada dun grupo de bretóns que funda a diócese britoniense. Non embargantges, o auxe de Mondoñedo non comeza ata o ano 1117, cando se ubica a sé da diócese en Vilamaior, que ata entón estivera situada en San Martiño de Mondoñedo. Neste auxe tamén intervén Alfonso VII quen no ano 1156 eleva o concello á categoría de cidade. Logo, en 1182, Fernando II decide trasladar a diócese a Ribadeo, pero esta retorna a Mondoñedo sobre o 1230, época na que comeza a construcción da catedral.

Polo ano 1320 iníciase a construcción dunha muralla coa finalidade de pechar a cidade e, deste xeito, poder evitar a entrada de pestes e protexer a súa actividade económica. Logo, o século XV caracterízase, entre outros trazos, porque Mondoñedo foi escenario dalgunhas revoltas, como a que culminou coa execución do Mariscal Pedro Pardo de Cela, no ano 1483, por orde dos Reis Católicos.

Dende comezos do século XVI ata o ano 1834, Mondoñedo foi unha das sete provincias do Reino de Galicia e un lugar de paso de peregrinos polo camiño de Santiago na súa ruta da costa.

Por outra banda, a actividade económica do concello baséase no sector primario, que ocupa un 42,2% da poboación activa. Neste sector hai que facer referencia á ganderia, proxectada de cara á producción láctea e cárnica; ás hortalizas, de especial consideración na provincia; e á riqueza forestal, que foi un importante soporte para o desenvolvemento da industria da madeira.

Asi mesmo, a capital municipal desempeña unha importante función comercial e administrativa, ocupando a un 30,14% da poboación activa, mentres que un 18,8% traballa na industria e un 8,2% na construcción.
Blanco Prado, José Manuel
Blanco Prado, José Manuel


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES