Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

A Vida Consagrada, un precioso agasallo

miércoles, 02 de febrero de 2022
A Vida Consagrada, un precioso agasallo O inicio do mes de febreiro permítenos celebrar a Xornada Mundial da Vida Consagrada. Corecordo daqueles dous anciáns que acolleron ao Señor que era presentado no templo de Xerusalén, recoñecemos neste "hoxe" da nosa historia a proximidade de Deus que vén ao noso encontro na luz que significades cada un de vós e as vosas comunidades.

Con toda nosa Igrexa diocesana quero dar grazas a deus pola vosa chamada que foi respondida con enorme xenerosidade e entrega. Cada un de vós significades un deses milagres que o Señor continuamente realiza na historia.

Na fraxilidade e debilidade da vosa vida, co barro que ensucia as nosas existencias, respondestes xenerosamente á chamada que un día o Señor vos fixo. Sodes expresión concreta e próxima do diálogo continuo que Deus non se cansa de realizar co seu pobo e con cada un de nós. A vocación á vida consagrada é chamada e resposta, é obra da graza de Deus e dispoñibilidade humana, é don e tarefa, é ideal e é proposta de vida.

Xunto a iso, quero dar grazas a deus polo voso testemuño comunitario no medio do noso pobo.

Practicamente puiden visitarvos nestes meses que levo entre vós ás vinte e sete comunidades relixiosas que iluminades a nosa terra de Mondoñedo-Ferrol. Tamén na debilidade que tanto lle gusta a Deus, sodes espazos comunitarios moi significativos nos lugares onde vos atopades.

Desde o voso carisma específico, enriquecedes ao conxunto e revelades a grandeza do ser e da misión da Igrexa. Co voso testemuño de vida contemplativa, coa vosa entrega na educación integral dos nosos nenos e novos, coa vosa acción social a favor dos máis desfavorecidos, co
voso compromiso na acción pastoral das nosas parroquias... iluminades e embelecedes a nosa Igrexa e a nosa sociedade. Os valores que tratades de encarnar de acollida, de transcendencia, de misericordia... resumidos nos votos evanxélicos de pobreza, castidade e obediencia, son provocación e boa noticia para o noso mundo.

Por iso convertédesvos nun auténtico agasallo marabilloso que Deus, no seu infinito amor, séguenos facendo. Un deses agasallos que nunca faltará á súa Igrexa e que, por desgraza, quizais non sabemos apreciar, valorar e ensinar. Un agasallo que é preciso coñecer para poder querer máis. Un coñecemento ao que, sen dúbida, nos axuda o noso proceso sinodal.

"Camiñando xuntos" estamos nestes meses facendo experiencia sinodal. Acollendo a invitación do papa Francisco queremos poñernos á escoita do Espírito que hoxe nos segue falando.

Querémolo facer en clave de conversión pastoral, que nos permita procrear unhas comunidades máis vivas, máis misioneiras, máis participativas...

Comuñón, misión, participación, son algunhas das claves que nos moven neste proceso e que para vós resultan tan familiares. No seo das vosas comunidades e congregacións vivides desde o espírito de comuñón que reflicte a unidade trinitaria; favorecedes a participación de todos e
cada un no que ha de ser obra de todos; situádesvos en perspectiva de misión que dá sentido á entrega e á vocación. Desde a comuñón e a participación para a misión vivides a vosa experiencia eclesial que nos axuda a afrontar o futuro con esperanza.

Como din os nosos bispos na mensaxe para esta xornada, "soñando, rezando e participando xuntos, contribuides decisivamente para que a Igrexa sinodal non sexa un espellismo senón un verdadeiro soño que poida facerse realidade".

Coa fortaleza que nos dan estas raíces e os vosos rostros felices, sigamos sementando e construíndo o Reino de Deus, na confianza de sabernos nas mans do noso Pai. Despertemos e profundemos na radicalidade que sexa capaz de atraer. Abrámonos á riqueza mutua dos diferentes "carismas que nos axude a profundar no propio, para ben de todos".

(Mensaxe do Bispo de Mondoñedo-Ferrol no Día da Vida Consagrada. Na fotografía, Monseñor García Cadiñanos e o crego Eduardo Losada, coas Hermanitas de los Ancianos Desamparados da Residencia Betania de Viveiro)
García Cadiñanos, Fernando
García Cadiñanos, Fernando


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES