Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de Orballo

jueves, 03 de febrero de 2022
Unha carta moi longa

Escribinlle unha carta a quen corresponda. A carta é longa, moi longa. Non acostumo a escribir cartas, pero cando o fago non me quedo curto. Esparéxome coma ese cabañón de herba que queda segundo a gadaña vai pasando ó ritmo duns brazos fortes, rexos e rápidos. Isto non o explico na carta. Para que? Non o entenderían. Pingas de Orballo Moitos nin tan sequera saberán xa o que é un cabañón. A carta ten tantos folios que os quixen numerar, pero optei por non facelo. Se os numero, o que a lese, ó ver o número tan alto, seguro que se asusta e nin a empeza.
A ver, tampouco é que conte nada doutro mundo. Máis ben podo dicir que son trapalladas sen xeito nin dereito que enchen, iso si, moitos pero que moitos folios. Falo do universo sen fin e dunhas de rosas que hai á beira dunha lagoa, por exemplo. Rosas tamén as hai nos xardíns; pero estas quedan máis ben para as poesías. As rosas do xardín péganlle mellor a uns versos que a unha lagoa, mentres que unha rosa solta pode aparecer en calquera lugar. Falo dun sentimento que ás veces perde nitidez porque intento miralo a través dun espello con moito bafo, pero sabendo que, faltaría máis, está aí. Como non vai estar, se os sentimentos non se esfuman así como así.
Pola metade da carta teño que pegar un descanso porque xa me doen as articulacións da man de tanto escribir. Repito: é longa, moi longa. Logo do descanso analizo, a miúdo e a fondo, un desexo que está aí, que non se vai, que non lle importa afogar mesmo nesa lagoa ou rachar o espello para que o soño se faga realidade. Remato a carta sen saber moi ben o que dixen. É igual.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES