Por algo e para algo
Cachaza Platas, Mercedes - jueves, 03 de febrero de 2022
Esperada ou inesperadamente un bo día chegamos a esta vida.
Detrás da nosa chegada hai un sen fin de preguntas:
¿Eliximos vir?
¿Eliximos os proxenitores?
¿Eliximos o lugar do noso nacemento?
¿Elixmos as nosas capacidades?
Etc, etc...
Eu persoalmente alégrome de vir a esta vida, aínda que:
- SÓ SEI QUE SE ME REGALOU A VIDA.
- SÓ SEI QUE ESTOU AQUÍ POR ALGUNHA BOA RAZÓN.
- SÓ SEI QUE ESTOU AQUÍ PARA ALGO BO.
- SÓ SEI QUE DEBO ADMINISTRAR AS MIÑAS CAPACIDADES O MELLOR QUE POIDA E SAIBA.
Das outras respostas encárganse os científicos...
Grazas ós científicos sabemos moitas cousas.
E opto pola alternativa de aceptar o misterio.
Eu penso que a vida é un milagre que se nos regala para que a disfrutemos sendo felices e facendo felices ós demais.
En calquera caso, sexa cal sexa a nosa orixe, por algunha razón estamos aquí.
Andando o tempo imos sacando algunhas conclusións según a nosa traxectoria vital.
Imos comprendendo que a vida é o mellor regalo que se nos fixo e grazas a ela podemos:
- Amar e ser amados.
- Disfrutar dunha familia.
- Realizarnos como persoas.
- Aportar o noso gran de área na construcción dun mundo mellor.
Todos: ESTAMOS AQUÍ PARA ALGO BO PARA NÓS MESMOS E PARA OS DEMAIS.
O éxito depende do uso que fagamos das nosas capacidades e máis das circunstancias que nos rodean:
-Grazas as persoas, o mundo é mundo.
-De todos aprendemos algo.
-Todos aportamos algo.
-Todos temos moito que facer e moito que aportar.
-Facendo e aportanbo benestar e progreso imos esparexendo alegría, amor, comprensión, cariño...
CONFORME IMOS CONSEGUIDO LOGROS:
-Imos producindo felicidade para a nosa propia persoa e para as persoas máis próximas; aínda que non sexa posible en pleniturde porque somos limitados.
Pero existe unha FORZA OMNIPOTENTE que nos alenta no día a dia.
Esa forza resolve tódalas dúbidas.
Non hai forza como ela.
Pero para contar con ELA, necesitamos fe.
A fe é unha arma moi poderosa, que precisa do noso consentimiento.
O ser humano ten liberdade para crer ou non crer nese SER SUPERIOR que nos creou libres.
Temos liberdade para elixir o que mellor nos parece; pero non sempre acertamos na elección.
Moitas veces non acertamos na elección porque nos costa entender cal é o camiño que debemos coller.
Din que:
Deus escribe dereito por renglóns torcidos.
Só precixamos confiar:
-CONFIAR QUE ESTAMOS AQUÍ POR ALGUNHA BOA RAZÓN.
-CONFIAR QUE ESTAMOS AQUÍ PARA ALGUNHA BOA CAUSA.
-CONFIAR QUE ESTAMOS AQUÍ PARA DISFRUTAR DA VIDA.
Disfrutar da vida significa COIDALA CO MÁXIMO ESMERO porque é o mellor que temos.
¡Coidémonos e confiemos no coidado da Providencia!.
CONFIEMOS, COIDÁNDONOS.
Confiemos e coidémonos mutuamente.
"COIDÉMONOS MUTUAMENTE"
Este será o título do seguinte artigo.
Moitas grazas por terme na súa consideración nesta ocasión.

Cachaza Platas, Mercedes
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora