Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de Orballo

miércoles, 02 de febrero de 2022
O reloxo de parede

Pingas de Orballo Son o reloxo que estou colgado na parede, de cor branca, dun salón. Dun salón calquera. Nin grande nin pequeno. Un salón de clase media; ou obreira, que máis dá. Estou morto. Así de simple e de sinxelo. Levo uns días morto. Ninguén me regou con pilas alcalinas nin tan sequera cunhas baratas. Polo que pouco a pouco fun agonizando. Ata que exhalei o derradeiro tictac.
Din que o tempo pasa, ou que é eterno, ou que é infinito, ou que nunca se detén. Todo é mentira. Eu morrín. O meu tempo morreu. E o máis estraño é que sigo colgado da parede branca. Dáme que por moito tempo máis. Certo, a min que me importa xa o tempo.
Tamén confeso unha cousa: que case non me importou morrer. Sinceramente, estaba un pouco canso de tanto tictac, tictac, tictac. Tan monótono que só facía iso. Nin tan sequera tiña un pobre cuco que saíse a dar as horas. Só dúas agullas que se movían tan monotonamente que nin me decataba. Tan só escoitaba o meu propio ruído do tictac, tictac, tictac. Que canseira! Que paciencia!
Definitivamente, alégrome de estar morto, de non marcar xa o tempo. Nin eu mesmo sei que é o tempo. Uns din que pasa nun suspiro e outros que dura unha eternidade. Hainos que confesan que o tempo voa, mentres outros sinalan que non avanza, que non se move. Un barullo do demo.
Son o reloxo que vos di adeus e sen prometer volver. Porque tamén din que o tempo nunca volve.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES