Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Contra a uniformidade

miércoles, 02 de febrero de 2022
Veño de ler un artigo de visibles.org que analiza a situación da inmigración no noso país relacionada co auxe de ideoloxías xenófobas. Ideoloxías que, por certo, se caracterizan por tildar de xenófobo a quen defende culturas que elas minorizan intencionadamente. Parece que a nivel intelectual non lles calou pero, se cala a nivel social, a besta pode empezar a engordar...

Hai que dicir que, dados os avances sociais e económicos destes últimos anos (poñamos dende o 2000 cara aquí), hai nichos laborais que a poboación activa non aspira a cubrir porque prima máis o benestar laboral e quizais o tempo libre. A necesidade de cubrir eses nichos e con eles moitas carencias da nosa xente, fai de nós un país receptor de inmigración que debería abrirse tamén á riqueza sociocultural que cada persoa trae consigo. Sabémolo ben no rural, onde é moi difícil atopar, por exemplo, auxiliares de axuda á dependencia. As que se atopan case sempre son de fóra e fan un traballo excelente. Ante todo, veñen dar solución a un problema que aquí non damos solucionado. Tamén veñen convivir e ser unhas máis da comunidade.

Teño o orgullo de dicir que Vilaxuste é unha parroquia receptora de inmigración e, por certo, moi inclusiva. Viuse en festas e xuntanzas comunitarias nas que todo o pobo participou. Sendo todos iguais e facendo gala dunha relación moi boa.

Polo tanto estes que se dedican a quentar unha cadeira e subir de vez en cando ao estrado a dicir burradas deberían saber que o pobo é máis evolucionado que eles e que, quizais lles virían ben escoitalo para aprender del. Isto sería un verdadeiro avance. O que vai pasar é que van seguir tecendo os seus uniformes ficticios para seguir xerando odio. A boa nova é que a xente de a pé vai por diante deles e non perde demasiado tempo escoitando porcalladas.
Santalla, Iago
Santalla, Iago


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES