Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de Orballo

jueves, 27 de enero de 2022
Cambiar

Cambio unha bomba de neutróns por un suspiro. A bomba mata e o suspiro sairá polos mortos. O peor é que, despois, non sei que facer coa bomba. Intentarei desarmala e a pesar de non ser físico. Ou ó mellor ata se me dá por rebentala cun esputo, cun esgarro. Un gargallo cheo de carraxe e de impotencia, de xenreira e animosidade. Aínda que, iso si, tería que rebentala nos confíns do universo.
Pingas de Orballo Cambio un sapoconcho por un scalextric. O sapoconcho contempla a vida pasar moi lentamente. Tamén é verdade que o scalextric, por ir tan rápido, chegará o momento en que descarrilará. Como a vida mesma. Recoñezo que collín a peor opción. Era mellor ó revés; cambiar un scalextric pola tartaruga. Porque a vida hai que tomala con calma. Hai que a suspirar lentamente e seguir con parsimonia os raís da existencia, a vía das realidades. Sen descarrilar, sen envexas, sen bombas, sen mortos, sen responsos.
Cambio o tempo que foi polo que será. O que foi xa foi e pasou de todo. Agora o bonito será descubrir que hai máis alá deste tempo que é. Seguro que hai unha esperanza que se baña nos suspiros da intelixencia, ou que se ducha en auga case fervendo; para quedar limpa e pura como a realidade máis poética. Seguro que os suspiros da intelixencia desarman a bomba de neutróns. Porque hai memoria e os mortos nunca foron un gozo. Porque hai memoria e o tempo que será cuspirá sobre as tumbas dos ineptos. Cambio o silencio... por máis silencio.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES