Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Amor e comprensión

jueves, 27 de enero de 2022
Amor e comprensión son dúas palabras cun significado moi profundo que debemos usar con todos, especialmente coas persoas que están pasando por momentos difíciles.
Hainas de tódalas idades e situacións.

De feito son moitos os xoves que se salvan grazas a que os seus proxenitores, así como os seus profesores, insisten e insisten con moito amor e con moita comprensión para que non se desanimen.

AS FAMILIAS XOGAN UN PAPEL MOI IMPORTANTE E INSUSTITUÍBLE NA EDUCACIÓN DA XUVENTUDE.

Nunca foi doado ser pai ou nai e hoxe en día é maís difícil que nunca.
Por eso son necesarias doses maiores de amor e comprensión.

MOITAS FAMILIAS TÉÑENO CLARO PORQUE SABEN O QUE SE XOGA NESTA ETAPA DA VIDA:
Manteñen moito diálogo cos seus rapaces cando teñen dificultades nos estudios e tamén para conseguir un posto de traballo que lles permita emanciparse economicamente.
Nestes tempos, a xente nova non o ten nada doado e os adultos, tampoco.
Nunca foi doado, pero coa visita do coraonavirus a situación recrudeceuse.

MOITO AMOR, MOITA COMPRENSIÓN, MOITA CONSTANCIA E MOITA PACIENCIA PRECISAMOS PARA "NON TIRAR A TOALLA".

Tamén os nosos ancestros loitaron moi duro, eso que lles tocaron tempos tanto ou máis difíles que os actuais.
Pero non desfaleceron e por eso lle debemos agradecemento e comprensión.

E ós nosos maiores tamén lles costa acomodarse ás novas situacións neste mundo cheo de sobresaltos.

NESTA EMPRESA ESTAMOS TODOS IMPLICADOS.

A incertidume é moita e algunhas familias resíntense por falta de medios económicos e tamén por falta de amor e comprensión.
Non podemos consentir que o materialismo e os consumismo nos devoren; con algo menos tamén nos amañamos.

Debemos dedicarlle tempo e atención ás persoas queridas porque hoxe en día hai moitas persoas que senten soidade e incomprensión e chegan a caer na depresión.
Senten soidade estando acompañadas porque se senten incomprendidas.
A soidade e a incomprensión son factores que poden levarnos á depresión.
De feito, os medios de comunicación din que hai moitas persoas deprimidas.
Esto é preocupante, moi preocupante, tanto que: son moitas as persoas que perden as ganas de vivir.

HAI PERSOAS QUE PERDEN AS GANAS DE VIVIR PORQUE:
- As supera a inestabilidade, a incertidume e o estrés.
- Séntense frustradas ó non alcanzar os obxectivos propostos.
- Séntense infravaloradas as que tendo unha boa formación non encontran o seu lugar na sociedade.
- Séntense frustradas porque se lles cerran moitas portas.
- Séntense mal...
- Senten falta de amor e comprensión nesta sociedade insensible ante a dor dos outros.

QUE SE DEAN ESTAS TRISTES SITUACIÓNS NO SÉCULO XXI NON DEBEMOS PERMITILO:
- Temos dereito á vivi-la vida con dignidade e tamén temos o deber de aportar o que estea ó noso alcance en favor de todos.

- Temos dereito a que se nos recoñezan os nosos esforzos e o deber de esforzarnos.

- Todos precisamos sentirnos amadas polas persoas coas que convivimos e ás que aportamos cariño e benenstar.

- Todos temos unha función que realizar na sociedade, estamos aquí para realizar unha misión moito máis importante do que nos imaxinmos.

Confiemos que os tempos vaian mellorando porque todos estamos aquí por algo e para algo.

"POR ALGO E PARA ALGO"

Este será o título do seguinte artigo.
Moitas grazas por terme na súa consideración nesta ocasión.
Cachaza Platas, Mercedes
Cachaza Platas, Mercedes


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES