Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Os bens dos servidores públicos

jueves, 04 de septiembre de 2008
Nalgunhas institucións, os rectores fan declaración dos seus bens cando entran ó servizo público co fin de que sexa manifesta a súa relación de intereses e poida ser fiscalizada máis fielmente a súa traxectoria.

O tema, como principio, está ben. Está ben na medida en que os intereses dunha persoa poden ser evaluados, cuantificados, clarificados. Porque moitas veces os intereses coñecidos ou declarados son uns, e existen outros fóra dese control ben porque sexan difíciles de detectar de xeito directo, ben porque sexan temas indirectos que ó político lle chegan a través da familia ou dos amigos.

A Lei obriga, polo que ós concellos se refire, a que os concelleiros rexistren os seus intereses na institución, pero non a facelos públicos. Preténdese así comprobar que ó remate da vida pública o político non se beneficiou de xeito ilícito no exercizo do seu cargo.

No tema do enriquecemento pretende agora incidir o goberno conxelando os emolumentos dos altos cargos da Administración, entre eles os electivos da Administración local, que está ben en si pero ben pouco ven significar como medida de contención do gasto diante da actual crise.

Ó refrán vixente desde hai séculos de que ninguén se fai rico traballando, habería que poder engadir que ninguén se fai rico metido en política. Así pode ser, e os rexistros de bens colaborarán a demostralo, pero se botamos mans da experiencia persoal de cada quen íanos costar traballo facer unha relación de servidores públicos que se empobreceron no exercizo do seu cargo.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania