Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de Orballo

martes, 25 de enero de 2022
Sobre un raíl
Camiño sobre o raíl da vía do ferrocarril. En equilibrio. Mais a heroicidade é que levo dúas semanas xustas camiñando sobre o mesmo raíl. E sobre o mesmo traxecto; o que vai desde a ponte na que se cruza para Bouzas, en Baños de Molgas, ata a mesma ponte das Cepas, polo que teño que atravesar incluso o túnel que existe xusto uns metros antes desta última ponte. Todo por culpa dun récord que non sei quen me dixo Pingas de Orballo que existía por aí. Que alguén, hai uns anos, andara en equilibrio durante 23 horas. Eu, repito para que ninguén pense que foi un erro ó escribilo, levo dúas semanas xustas. É dicir, máis que superado tal récord. Pero como os heroes, vou seguir ata que falle ou ata que rebente. Rebentar de aburrimento, se entende. Non creo que ninguén rebente ou estoupe por andar, mesmo ás veces, á pata coxa sobre un raíl.
Sempre fun de proxectos esperpénticos e moi botado para adiante. A min nada me dá medo. Desde pequeno, claro. Porque de neno, e como calquera neno, tiña medo de moitas cousas. Case sempre vencía tal medo cantando. Pero isto xa o contei moitas veces, e tampouco é plan o repetirme e repetirme e repetirme. Claro que tamén o podía seguir contando máis profunda ou filosoficamente; porque tempo teño. Pois en principio, non penso baixar do raíl polo menos noutras dúas semanas máis. Xa que me puxen... Ademais, así tamén penso máis e mellor. Por iso de que teño tempo e de que ando só, en silencio. Xa hai días que a xente deixou de contemplar tal atracción. Eu cando quero sei chamar a atención. Non quero sempre, pero levo dúas semanas que si. E como se adoita dicir en castelán: y lo que te rondaré, morena.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES