Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Plan de Pastoral Penitenciaria

lunes, 24 de enero de 2022
Marco para un plan de pastoral penitenciaria da comisión internacional
segundo a mensaxe xubilar ano 2000 de Xoan Paulo II.


22-01-2022.
(Escola de Formación en Pastoral Penitenciaria.- Ferrol).

NOTA INTRODUTORIA.

"O Comité da VOCALÍA DE PASTORAL DEL ICCPPC-EUROPA, (INTERNATIONAL COMMISSION OF CATHOLIC PRISON PASTORAL CARE: ICCPPC- EUROPA) reunido en Viena do 15 ao 19 de maio de 2003 aprobou e asumiu o "PLAN DE PASTORAL PENITENCIARIA", elaborado pola Vogalía de Pastoral, segundo a mensaxe de Xoán Paulo II no Xubileu dos Cárceres (9 de xullo de2000)."
Foi publicado en catro idiomas: español, francés, alemán e inglés co título: "IN CARCERE ERAM ET VENISTIS AD ME" (Mt 25, 36), VIENA, 2003. "Na súa elaboración colaboraron moitas persoas de diversas nacionalidades europeas (Alemania, Andorra, Austria, Escocia, España, Francia, Líbano e Polonia) e fundaméntase exclusivamente na Mensaxe Papal xa indicada da que se toman literalmente todos os seus elementos."
Toda esta presentación está recollida fielmente do devandito documento distribuído en España pola Comisión Episcopal de Pastoral Social da Conferencia Episcopal Española, da que, en decembro de 2004, o bispo da Seo d’Urgell, Mons. Joan Enric Vives Sicilia era o Encargado de Pastoral Penitenciaria ao ser o Presidente desa Comisión.
Este esquema é unha GUÍA-MARCO de referencia para sabermos en cada intre se estamos transitando o camiño correcto da acción pastoral. Pero vai só en epígrafes que precisan ser desenvoltos co texto completo do documento fundamental para situármonos debidamente na lectura e na esexese correcta deste esquema. Por iso se engaden tamén na bibliografía os documentos máis importantes e relacionados.

++++++++++++++++++++

PLAN PASTORAL

CARACTERÍSTICAS
"O problema da PASTORAL PENITENCIARIA é afrontar desde as mesmas bases non só o feito doloroso dos homes e mulleres encarceradas/os, privados legalmente da súa liberdade, senón a vixencia dun sistema practicamente único para a solución dos conflitos sociais que privan do don divino da liberdade".

"Por iso o Papa quere afrontar estruturalmente este PLAN DE PASTORAL PENITENCIARIA nesta Mensaxe Xubilar".

1.- UNHA PASTORAL:
1. DE ATENCIÓN INTEGRAL Á PERSOA CONCRETA NAS SÚAS NECESIDADES E NO MARCO DOS DREITOS HUMANOS.
2. PENITENCIARIA: Non meramente carceraria. Non só intra muros do cárcere: “Os cárceres son unha desembocadura dun largo río social, alimentado por fontes e afluentes de diferentes caudais” Ha ser unha Pastoral PROFUNDAMENTE HUMANA, sempre atenta para operar en cada intre unha verdadeira: PREVENCÍON. REEDUCACIÓN. REINSERCIÓN. REHABILITACIÓN. RESOCIALIZACIÓN.

2.- PLAN DE PASTORAL PENITENCIARIA: DOUTRINA PONTIFICIA: XUBILEU ANO 2000:
- Unha acción coordinada dos pastoralistas, traballadoras/es sociais, xuristas. Nos níveis de: país, europeu, mundial. Segundo o plan de referencia.
- Desenvolvemento coordinado e integrado da pastoral penitenciaria nos plans pastorais: parroquiais, diocesanos e interdiocesanos, de Conferencias Episcopais de cada país, europas, mundiais.

3.- AXUDA Á IGREXA: CONFERENCIAS EPISCOPAIS, DIOCESES, PARROQUIAS, Para resaltar a importancia e efectividade nos servizos adecuados. Para promover e potenciar a coordinación da acción pastoral penitenciaria nos outros plans pastorais.

1.- O QUE É A PASTORAL PENITENCIARIA?:
ACCIÓN DA IGREXA como Pobo de Deus, Corpo de Cristo, Templo do Espírito, que pretende:
1) Levarlles aos homes e mulleres privados de liberdade a paz e serenidade de Xesús-Cristo resucitado.
2) Ofrecer a quen delinque un camiño de rehabilitación e reinserción positiva na sociedade.
3) Facer todo o posíbel para previr a delincuencia.

2.- ÁMBITOS DE COMPROMISO E ACTUACIÓN:
- PREVENCIÓN. Pre-cárcere. barriadas. parroquias. escolas. sanidade,...
- PRISIÓN. Accións no cárcere: internos. funcionariado. familias. Vítimas
- POST-PRISIÓN: Prevencíon. Reeducación. Reinserción. Rehabilitación. Resocialización.

(NOTA A TER EN CONTA: Sobre isto ver Constitución Española: art.. 25, § 2).

3.- ÁREAS DE INTERVENCIÓN:
- A. RELIXIOSA.
- A. SOCIAL.
- A. XURÍDICA.
NOTA. As tres áreas son necesarias e complementarias e o compromiso a actuación ha ser integral e integrada.

4.- CARACTERÍSTICAS DA PASTORAL PENITENCIARIA. Unha PASTORAL:
- P. de encontro persoal
- P. de liberdade
- P. de integración
- P. de comuñón
- P. de esperanza
- P. de animación
- P. de promoción
- P. de atención ao persoal da Institución.

5.- PRINCIPIOS PASTORAIS:
- Presenza amorosa de deus na nosa vida: fe en Deus.
- Perfectibilidade humana: fe no ser humano. (Consideración positiva. C. Rogers)
- Xustiza restaurativa: fe na xustiza. Outra xustiza é posíbel.
.- Restauración do dano á vítima.
.- Responsabilización ética do infractor.
.- Xustiza restaurativa, versus xustiza vindicativa.
- Recoñecer os déficits éticos dos sistemas penitenciais e dos sistemas penitenciarios: falta de fe nos sistemas vixentes.
- Creatividade: fe na novidade. É posibel!
- Opción polas alternativas: fe no futuro e nas utopías.

6.- OBXECTIVOS XERAIS:
- 1º. Ofrecer salvación en Cristo (Área relixiosa).
- 2º. Contribuir ao establecemento de procesos de redenzón, de crecemento persoal e comunitario fundados na responsabilidade. (Área social).
- 3º. Procurar a abolición, nas lexislacións dos estados, das normas contrarias á dignidade, aos dereitos fundamentais e aos Dereitos Humanos e da Persoa. (Área xurídica).

En Viena, 19-05-2003. Heinz-Peter ECHTERMEYER, Presidente da ICCPPC-EUROPA.

+++++++++++++++++++++


BIBLIOGRAFÍA.
1. Mensaje del Santo Padre Juan Pablo ii para el Jubileo en las Cárceles. [DOMINGO 9 DE JULIO DE 2000. https://www.vatican.va/content/john
2. "IN CARCERE ERAM ET VENISTIS AD ME" (Mt 25, 36), VOCALÍA DE PASTORAL DEL ICCPPC-EUROPA (INTERNATIONAL COMMISSION OF CATHOLIC PRISON PASTORAL CARE: ICCPPC- EUROPA), VIENA, 2003.
3. AA. VV, Marco para un Plan Pastoral Penitenciario, FUNDACIÓN AGAPE, MADRID 2005.
4. EN LA CÁRCEL Y VINISTEIS A VERME, (Mt 25, 36). Carta Pastoral del Arzobispo de Santiago a los internos del Centro Penienciario de Teixeiro en el Año Jubilar Extraordinario de la Misericordia..- Cáritas Diocesana de Santiago de Compostela 2015. https://www.revistaecclesia.com/carta-pastoral-del-arzobispo-de-santiago-de-
5. MARTÍN NIETO, EVARISTO, Pastoral Penitenciaria, en Nuevo Diccionario de Pastoral, dir. por Casiano Floristán, SAN PABLO, Madrid, 2002, pp. 1123-1132. (Muy recomendable).
6. PRAT i PONS, RAMÓN, Pastoral Penitenciaria, cap. IX en Teología Pastoral. Compartir la alegría de la fe, Secretariado Trinitario, Salamanca 2019, pp. 423-431.
Campo Freire, Xaquín
Campo Freire, Xaquín


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES