Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Presións

jueves, 20 de enero de 2022
As corporacións locais, autónomas no seu funcionamento, deben contar con determinados funcionarios de corpos nacionais - Os secretarios, nos concellos pequenos, con outros especialistas nos grandes - que garanten a medición dos administrados polo mesmo raseiro administrativo.

Houbo críticas ao "café para todos" na regulación das autonomías, sometidas á lexislación común, por estimar que as históricas – Cataluña, País Vasco e Galicia- deberían gozar dun estatus diferente, pero para aquel inicio houbo acordo, agardando novos tempos e circunstancias. As autonomías conseguiron avances segundo acreditaban capacidades de goberno ou de presión, pero nos últimos tempos pola necesidade de apoios que o goberno ten nótanse máis estes avances, con perigo de desigualdade de trato.

É preocupante saber que no País Vasco os funcionarios de acreditación nacional pasan a depender do goberno autónomo, co que o control igualitario dos temas da administración local ten agora unha excepción. Sería correcto se fose produto dunha reorganizacion ou achegamento á realidade autonómica e se o resto das autonomías puidese recibir esa competencia en igualdade de circunstancias. Pero a cesión responde á presión do PNV, a cambio do voto afirmativo en xa non sabemos que asunto dos moitos nos que o goberno precisa axuda.

Cousas da política, pensamos na primeira lectura, pero en posteriores cavilacións nótanse graves desigualdades que responden a intereses locais ou de partido, comprobando o bo resultado que lle da a algúns presionar cos seus votos. ¿Que esto é o usual, o que os tempos precisan? Pois que tempos tan pobres nos toca vivir!.
Xiz, Xulio
Xiz, Xulio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES